Nota de prensa
A conselleira do Mar clausurou en Celeiro as XVI Xornadas técnicas de difusión do sector pesqueiro
A CONSELLERÍA DO MAR CREARÁ UN GRUPO DE TRABALLO NO SEO DO CONSELLO GALEGO DE PESCA PARA AVALIAR A NOVA PROPOSTA DA PCP
Rosa Quintana destacou o gran valor deste encontro ao plasmar no seu programa os puntos a debate da redacción final da nova Política Común de Pesca, que será a que marque o futuro porvir do eido marítimo
Celeiro, 12 de novembro de 2011.- A Consellería do Mar creará un grupo de traballo no seo do Consello Galego de Pesca co fin de poñer en común e consensuar a opinión e proposta de modificación que Galicia quere facer sobre o documento achegado pola Comisión Europea. Díxoo a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a clausura das XVI Xornadas técnicas de difusión do sector pesqueiro, celebradas en Celeiro, onde a titular de Mar definiu esta iniciativa como “unha honra e exemplo dun pobo mariñeiro emprendedor e con vocación de futuro como é Celeiro”.
Durante o peche das xornadas, a conselleira salientou a importancia dos investimentos a bordo dos buques pesqueiros, para os que o departamento marítimo destinará o ano que vén 13,7 millóns de euros, o que supón un incremento dun 22%. A conselleira tamén resaltou os preto de 28 millóns que o seu departamento destinará para o reforzo das estruturas e orientacións do mercado dos produtos do mar así como a importancia do desenvolvemento da investigación, para o que o seu departamento aumentará nun 8% o orzamento do vindeiro ano.
Rosa Quintana destacou o gran valor destas xornadas ao plasmar no seu programa os puntos a debate da redacción final da nova Política Común de Pesca, que será a que marque o futuro porvir do eido marítimo. A conselleira destacou a relevancia deste encontro para tratar o estado actual do sector marítimo-pesqueiro e as súas posibilidades de orientación. Neste sentido, a conselleira fixo fincapé na reelaboración das táboas input-output da pesca galega, que permitirán avanzar de forma decidida no carácter aplicado das investigacións e nas implicacións das decisións ambientais.
Ao final da intervención, a conselleira animou a seguir o exemplo de Celeiro “onde a unión e a vontade de avanzar serviron para crear un porto puxante”. Rosa Quintana rendeulle unha pequena homenaxe ás xentes do mar de Celeiro e ofreceulle todo o seu apoio xa que “compartimos un elemento común de chegar ao futuro sen perder a referencia do pasado”, dixo a conselleira.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



