A sociedade cultural recreativa Ledicia, de Burela, convoca ós socios para a celebración de asemblea xeral ordinaria o domingo 27 de novembro ás 18:00 h en primeira convocatoria, e media hora despois en segunda. Na orde do día están incluídos os seguintes puntos: 1- Lectura e aprobación -se procede- da acta da sesión anterior. 2- Informe de actividades. 3- Informe económico. 4- Rogos e preguntas. Ao remate terá lugar unha asemblea xeral extraordinaria, cun único punto na orde do día: 1- Renovación da xunta directiva da asociación. Ambas asembleas se celebrarán no local social de Ledicia sito en Rúa do Ril, 4 entr/baixo en Burela.




















Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.



