A Aula CeMIT de Barreiros acollerá desde o día 14 e ata o 18 de Novembro o curso de “Alfabetización dixital: Iniciación a informática”. Entre o 21 e o 25 de Novembro celebrarase o curso “Alfabetización dixital: Iniciación a internet”. O horario desta actividade é de 19:00 a 20:30 horas. Para inscribirse poden dirixirse ao Aula CeMIT de Barreiros, sito en Ctra. da Praia, 1 (Teleclub San Cosme), chamar ao teléfono 982 124 002, ou enviar un correo electrónico ao enderezo:cemit.barreiros@xunta.es
























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



