Falsedades á maneira
Pasa Nuñez Feijoo po la bisbarra e dá un paseo por Viveiro fachendeando do futuro laboral do sector eólico (Vestas Ibérica) e aproveita para pedir o voto para Mariano. Pois como usa a sua axenda para a campaña, démoslle un repaso o seu desgoverno. Aliviados por que sigue chovendo e non hai que facer rogativas en vez de confiar nos desarmados servizos contraincendios, Feijoo ainda non explicou a anulación do anterior Concurso Eólico, que resultou ser legal, convocando e adxudicando outro que non se vai a desenvolver (veremos os cartos que hai que pagar para indemnizar o anulado e estoutro que vai po lo mesmo camiño; pareceme a min que iso de duplicar os postos de traballo en Viveiro….).Ainda non explicou os aspectos regresivos da Lei do Chan, con actuacións tan escandalosas como a retirada dos recursos contenciosos presentados pola Xunta contra algunhas das licenzas presuntamente ilegais en Barreiros (poñemos 14 millóns de euros todos para que os aforren os promotores e listo bueno oh); ainda non explicou que fixo cos compromisos de rematar con paro e arranxar a economia en 45 días (será por que non deu vendido os audis que eran o problema….). E agora dí que Mariano vai facer o mesmo ben que os da Feijooneta na Galiza. Será para colocar a algún outro familiar del (lembrade que Manuel Fernández Balboa sí o irmao da esposa de Mariano, foi escollido a dedo para a Dirección Económica Financiera da Fundación Cidade da Cultura co PP de Fraga que era o de Feijoo, e velaí os resultados da sua “xestión”); prometeu baixar o IRPF e non quere nin oir falar diso, claro; o programa do PP lamentaba o número de desempregados, 189.903 en xaneiro do 2009 e xa pasamos agora dos 240000 (e os que teñen agochados tras as estratexias contabeis da Consellería de Traballo); asegurou cunha auditoría (por certo pédironlle os cartos de volta? por que vaia ollo) que fusionar as caixas era o mellor e velaí estan no limbo dos regalos de reis deste ano para algún especulador.
Volven os de sempre, nunca se viron mentiras á maneira.
Iago Villamil Cajoto



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



