Nota de prensa
A SECRETARÍA DA IGUALDADE PRESENTA EN BURELA O CUARTO VOLUME DA HISTORIA DAS MULLERES DE GALICIA, ADICADO Á ÉPOCA CONTEMPORÁNEA
Ao acto, celebrado na confraría de pescadores, asistiron a titular de Igualdade, Susana López Abella; o alcalde da localidade, José María González Barcia; a autora, Herminia Pernas Oroza, e o patrón maior, Basilio Otero Rodríguez.
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2011.- A Secretaría Xeral da Igualdade ven de publicar o último volume Época Contemporánea da colección Historia das Mulleres en Galicia, que foi presentado esta tarde na confraría de Burela, nun acto ao que asistiron a titular de Igualdade da Xunta, Susana López Abella; o alcalde da localidade, José María González Barcia; a autora, Herminia Pernas Oroza, e o patrón maior da confraría de pescadores, Basilio Otero Rodríguez.
Segundo destacou a responsable de Igualdade na súa intervención, Historia das Mulleres en Galicia é unha colección de catro volumes “que cubre o baleiro historiográfico referido á traxectoria das mulleres galegas desde que hai rastros arqueolóxicos ou escritos ata os nosos días”. O volume presentado hoxe fai un percorrido dende o século XIX sobre o papel das mulleres na estrutura familiar e na emigración, o traballo feminino, o remunerado e o non remunerado, a educación, os espazos de sociabilidade, a pobreza ou a prostitución, o ocio e a relixiosidade das mulleres, así como o papel do asociacionismo, a política e as protestas sociais.
Os tres primeiros volumes
O primeiro libro da colección, Prehistoria e Historia Antiga, escrito por Mar Llinares García, realiza un percorrido histórico desde os máis humildes fragmentos da Prehistoria ata a análise do movemento priscilianista, no que algúns autores lle outorgan cada vez máis un protagonismo destacado ás mulleres.
O segundo libro, Idade Media, escrito por Carmen Pallares Méndez, mostra que a dependencia, a debilidade e a inferioridade, son os trazos dominantes cos que a imaxe da muller é ofrecida desde os ambientes máis cultos da sociedade medieval, pero xunto a iso, destacan as mulleres reais, que toman conciencia do feito de selo, defenden os seus dereitos, demostran que non admiten de bo grado o dominio dos homes e tratan de avanzar nos seus dereitos, evidenciando que a causa polos dereitos das mulleres ten longas raíces.
O terceiro tomo, Idade Moderna, realizado por Ofelia Rey Castelao e Serrana Rial García, ofrece unha visión sintética da traxectoria histórica das mulleres que viviron na Galicia dos séculos XVI a XVIII. Na primeira parte expóñense as fontes de información nas que se asenta a investigación hoxe en día e o marco legal que afectaba ás mulleres, para continuar coa descripción do seu papel na vida familiar e económica, as diferenzas sociais, o seu acceso á educación e á cultura, ou as prácticas relixiosas.

























O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



