Nota de prensa
ALFONSO FUENTE TILDA DE DEMAGÓXICAS AS DECLARACIÓNS EFECTUADAS POLO BNG SOBRE O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR. O REXEDOR SUBLIÑA QUE AS TAXAS SUBIRÁN UN POUCO PARA GARANTIR A SÚA PRESTACIÓN E QUE O MÁXIMO QUE PAGARÁ UN USUARIO POR UNHA HORA SERÁN 2,40 EUROS.
Barreiros, 30 de novembro de 2011. O alcalde, Alfonso Fuente, tilda de demagóxicas as declaracións efectuadas polo BNG sobre o servizo de axuda no fogar. O rexedor recoñece que as taxas subirán un pouco para garantir a prestación do mesmo, e subliña que o máximo que pagará un usuario por unha hora de axuda no fogar serán 2,40 euros.
Fuente Parga sinalou que “algunhas información que hoxe aparecen nos medios de comunicación son erróneas porque están baseadas na opinión da oposición que quere confundir aos veciños de Barreiros. O que se fixo no pleno do pasado luns foi axustar o precio hora do servizo de axuda no fogar, é decir un precio que estaba en 6 euros/hora coste, e digo coste porque ese non é o precio que pagan os veciños, se elevou a 12 euros precio coste da hora. No pleno se deixou moi claro todo esto, se falou da necesidade de garantizar un servizo básico, un servizo que se presta a todos aqueles veciños que o necesitan e tamén había que axustar os costes deste servizo”.
O alcalde barreirense considera que “non se pode enganar á xente con esas declaracións, porque nin pagaban seis euros antes nin van pagar doce euros agora. O máximo que pagan os usuarios, porque así está estipulado por lei, son 2,40 euros por hora de axuda no fogar e son os casos das pensións máis altas. En Barreiros moi poucos usuarios terán que pagar esa cantidade. Esto quere decir que si un usuario do servizo de axuda no fogar ten estipuladas 90 horas polas que estaba a pagar uns 90 euros máis ou menos agora pagará algo máis. E aqueles usuarios que paguen o máximo, é decir 2,40 euros por hora, e teñan estipuladas 90 euros pagarán 216 euros ao mes”. Alfonso Fuente puxo un exemplo, “si nos vamos ao mercado e multiplicamos as 90 horas de servizo polos 10 euros que se están cobrando algunhas persoas por ir ás casas estaríamos falando de 900 euros de gasto para unha familia ao mes. Pero a través dos servizos de axuda no fogar do Concello pagaría só 216 euros. ¿E quén paga esa diferencia? O Concello é o que paga esa diferencia, a que hai entre o coste real da hora de servizo e a taxa reducida que se lle cobra ao usuario”.
Alfonso Fuente insistiu en manifestar que “se trata dun axuste para garantir o servizo, pero é curioso que sexa o BNG o que denuncie esto, porque foi o BNG cando estaba na Xunta o que aprobou e implantou esta lei e o que marcou os precios e agora é curioso que eles mesmos se sorprendan dos precios que inclúe esta lei. É decir os mismos que propuxeron os precios se queixan cando os concellos temos que aplicar esa lei. Me parece demagóxico sair con esto e tentar confundir e enganar as veciños, nin antes pagaban 6 euros nin pagarán agora 12 euros. Como máximo serían 2,40 euros, e no caso de Barreiros serán moi poucos os usuarios que cheguen a esa cantidade. Nos vindeiros días, desde que saia publicada esta modificación, eu persoalmente falarei cos usuarios todos para explicarlles esta situación, que se leva adiante, insisto, para garantir o servizo”.
O rexedor dixo que “parece que os da oposición aínda non se deron conta a estas alturas, e despois de decirlles na urnas que non souperon xestionar a crisis, na situación na que está o país, na que estamos e na que está o Concello. O que non din eles é que o Estado lle recortou o 10% das axudas para a lei da dependencia á Xunta de Galicia, e a Xunta, visto ese recorte, tivo que repercutilo nos Concellos e aos Concellos non nos queda outra, porque non temos a máquina de facer cartos, que repercutilo nos servizos. E tampouco din os da oposición o que están cobrando os Concellos nos que eles gobernan. Sen ir máis lonxe en Ribadeo xa hai moito tempo que veñen aplicando estas tarifas, que están recollidas dentro da lei, pero como alí goberna o BNG ao señor Veiga e á señora Ermida non lles interesa falar do Concello de Ribadeo. Os veciños de Barreiros pagarán os precios recollidos na lei que fixeron eles cando estaban na Xunta”.
Fuente Parga engadiu que “nós o que queremos é garantir o servizo e que se poida prestar a aquela xente que o necesita e o que non din é que desde o Concello de Barreiros se están a prestar camas, cadeiras de rodas, muletas e todo aquelo que nos demandan. Eso non o din porque non lles interesa, e eso se presta sin coste ningún a aqueles usuarios que o demandan e que o necesitan. Prefiro pensar que falan por descoñecemento e non porque intentan enganar aos veciños”.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



