Nota de prensa
O ALCALDE ASEGURA QUE O PSOE NON ADOPTOU NOS ÚLTIMOS CATRO ANOS NINGUNHA MEDIDA DE AFORRO ENERXÉTICO EN BURELA E CONSIDERA QUE ANTE SITUACIÓNS CRÍTICAS HAI QUE ADOPTAR MEDIDAS CONTUNDENTES. GONZÁLEZ BARCIA DIXO QUE “CANDO DEUS INVENTOU A LUZ, OS SOCIALISTAS XA TIÑAS DOUS RECIBOS SEN PAGAR”.
Burela, 24 de novembro de 2011. O alcalde burelés, o popular José María González Barcia, saiu hoxe ao paso das manifestacións feitas polo PSOE local a cerca do apagado parcial do alumeado público na localidade, e asegurou que “ante situacións críticas hai que adoptar solucións contundentes, e non podemos permitirnos o luxo de gastar enerxía para que logo non se pague porque non hai cartos para facelo”.
Barcia manifestou que “esta solución adoptouse porque durante o ano 2011 a factura eléctrica disparouse de forma considerable, e os cartos que estaban consignados para pagar a luz non chegan. Tanto é así, que o PSOE debería explicar porqué tiña sen pagar desde xaneiro a xuño deste ano cáseque noventa mil euros de luz. Será porque cando Deus inventou a luz, os socialistas xa tiñan dous recibos sen pagar”.
O rexedor de Burela indicou que “cando os socialistas falan de colocar redutores e da instalación fotovoltaica hai que dicirlles aos veciños que o PSOE gastou douscentos millóns das antigas pesetas en farolas, pero non cambiaron as lámparas, co que non houbo ningún aforro enerxético. O que tiñan que facer era investir eses douscentos millóns de pesetas en cambiar as lámparas que hai por outras de baixo consumo, e colocar eses redutores, pero o que fixeron foi duplicar os puntos de luz, véxase a marxe sur das rúas Arcadio Pardiñas, Rosalía de Castro ou Pardo Bazán co que, de poñelos en funcionamento, aumentaría considerablemente o importe da factura enerxética. E no que se refire á instalación fotovoltaica, cando chegamos ao Concello levaba colocada dez meses pero non se tiña feito ningunha xestión administrativa, pata a súa posta en marcha, agora alomenos estamos rematando os trámites para facela operativa”.
Pero o alcalde foi máis lonxe, “os socialistas fixeron constar nos presupostos do presente ano 2011 oitocentos mil euros que sabían perfectamente que non se ingresarían nunca. O gasto fíxose, pero agora resulta que non se pode pagar porque non hai cartos. Qué máis ten que os presupostos poñan esto ou aquelo se logo os cartos non se ingresan”.
González Barcia rematou indicando que “o PSOE non é que para dar leccións de aforro a ninguén, e menos despois de ver como os cidadáns se comportaron o pasado domingo día 20. Ademais, o señor Llano e os seus concelleiros tiveron tempo, mentres estiveron gobernando, de poñer en marcha medidas efectivas de aforro e non puxeron ningunha”.