FERNANDO SUÁREZ VALOROU DE XEITO MOI POSITIVO AS PROPESCCIÓNS ARQUEOLÓXICAS REALIZADAS POR PATRIMONIO NA RÍA DE RIBADEO. O REXEDOR PEDÍULLE Á XUNTA QUE AS INMERSIÓNS CONTINÚEN O VINDEIRO ANO.
Ribadeo, 29 de novembro de 2011. O alcalde, Fernando Suárez, valorou de xeito moi positivo as prospeccións arqueolóxicas realizadas por Patrimonio na ría de Ribadeo. Estes traballos permitiron extraer máis de 200 pezas e localizar tres pecios, entre os que destaca un vapor de palas de finais do século XIX. Suárez Barcia pedíulle á Xunta que as inmersións continúen o vindeiro ano.
O rexedor sinalaba esta tarde que “á vista dos resultados destas prospeccións arqueolóxicas que se fixeron na ría de Ribadeo, eu como alcalde no nome dos veciños e veciñas deste concello debo declararme moi satisfeito por estes resultados tan positivos”, e indicou que “se producen gracias á colaboración deste clube ribadense de submarinismo Illa Pancha, que alertou no seu momento e detectou numerosos vestixios de arqueoloxía marítima deitados na ría de Ribadeo e que deron lugar a que a propia Xunta de Galicia fose sensible e no convenio asinado co Ministerio de Cultura acordaron facer estas prospeccións”.
Fernando Suárez dixo que “desde o Concello sempre colaboramos, tanto ao nivel das embarcacións que puidemos prestar coma doutras cousas. E os resultados están aí, extraéronse máis de 200 pezas cando inicialmente só se ía facer unha cata arqueolóxica, pero en vista de que os vestixios podían ser fácilmente roubados ou removidos procedéuse a retiralos. Aínda que a día de hoxe hai que ter autorizacións autonómicas para poder bucear é fácil poder sacalos de aí”.
O alcalde de Ribadeo pedíulle ao director xeral de Patrimonio Cultural da Xunta que “esto non quede aquí, senón que para o ano que ven se prosiga con estes traballos para evitar o expolio dos restos arqueolóxicos. Eu prefiro que estean no Museo do Mar de Vigo, sen perxuizo que unha parte deles, como o director xeral indicou, poidan vir temporalmente para Ribadeo, prefiro que estean alí que non na vitrina do armario dalgún particular”.
Suárez Barcia considera que “agora hai que seguir coordinando os traballos da nosa época actual, que é o dragado do canal da ría no entorno do porto de Mirasol, pero hai que coordinalos de xeito moi coidadoso coa conservación destes vestixios que están noutros sitios onde a draga non está a actuar. De feito mantivemos reunións de colaboración entre Portos de Galicia, Patrimonio e o Concello para que estes vestixios que hai no fondo da ría sigan intactos, pero a ser posible para a campaña do vindeiro ano se volvan sacar, dado que é unha riqueza importante tal e como dan boa fé as fotos distribuidas pola Xunta de Galicia destes xacementos arqueolóxicos submarinos, destes tres pecios que están aquí no leito do canal e nos entornos da ría de Ribadeo na parte galega da mesma. Esto é unha moi boa noticia para Ribadeo, para a nosa historia, dado que este porto existe desde tempos remotos”.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



