Nota de prensa
O EQUIPO DE GOBERNO CONSIDERA QUE “O PSOE INCENDIOU A BANDA DE MÚSICA E AGORA QUERE SER BOMBEIRO”. OS POPULARES AFIRMAN QUE A XESTIÓN PERTÉNCELLE Á ASOCIACIÓN DE AMIGOS DA BANDA E ASEGURAN QUE O CONVENIO SERÁ REVISADO EN FUNCIÓN DA SITUACIÓN QUE ESTAMOS A VIVIR.
Ribadeo, 11 de novembro de 2011. O Grupo Municipal Popular asegurou hoxe que “o PSOE foi quen provocou un incendio na Escola de Música e especialmente coa Banda e agora quere ser o bombeiro, aínda que estamos seguros de que todo o mundo sabe o que fixeron e pretenderon facer coa Banda e coa propia Escola”. Esta afirmación foi feita a raíz das manifestacións do PSOE sobre a Banda de Música.
Os populares consideran que “quen tentou politizar e familiarizar a Banda e a Escola non está lexitimado para falar de nada, sobre de todo cando desde o equipo de goberno do PP se está levando a cabo un proceso de ampliación da oferta educativa da Escola de Música e da plantilla de profesorado da propia Escola”.
Desde o GMPP aseguran que “a xestión da Banda depende, de momento, únicamente da Asociación de Amigos e Amigas da Banda, segundo convenio subscrito, cousa curiosa, o día 24 de decembro de 2009, día que é inhábil a efectos do Concello de Burela”.
Asimismo, o equipo de goberno do Concello burelés afirmou que “o convenio está denunciado, e convocarase unha reunión próximamente coa Asociación de Amigos da Banda para redefinir tal convenio. O PP está sendo coherente, votou en contra no seu momento deste convenio, considera que os membros da Banda non deben estar exentos do pago das taxas da Escola de Música, hai unha situación de crise económica que nos afecta a todos e polo tanto toca revisar este convenio, tal e como se lle comunicou á Asociación de Amigos da Banda”.
Os populares son contundentes: “a concelleira de Cultura, Educación e Turismo, ademais de estar facendo unha boa labor na situación que estamos a vivir, está cumplindo coas liñas que o equipo de goberno ten definidas para a Escola de Música, e cumplindo cos anuncios que se foron facendo; entre outros, aproveitar os cartos do curso de jazz para a contratación de máis profesorado para a Escola de Música co fin de aumentar a súa oferta educativa”. Desde o equipo de goberno lembran que “os concertos do curso de jazz non eran gratuitos e tiñan un custo de tres mil euros. A totalidade do importe do curso era de cáseque vinte mil euros, o que realmente é un insulto á intelixencia dos veciños e veciñas deste concello. Hai que decir claramente que eso acabouse, e que só se apoiarán as actividades musicais que emanen da programación anual da Escola de Música, aprobada polo seu Claustro de Profesores”.
Para o GMPP, “o equipo de goberno debe estar facendo as cousas ben, porque tanto PSOE como Grupo Mixto só saben falar da Banda de Música, debe ser por unha extrana coinciencia política e persoal, e porque temen perder influencia dentro da propia Escola de Música. Os dous grupos políticos deben estar tranquilos, en breve seralles remitido o novo regulamento da Escola de Música, ainda que seguramente xa o coñecen, para que fagan as súas aportacións. Un documento que supón a ausencia de inxerencias do Concello na Escola e que a Asociación de Amigos da Banda xestione libremente a Banda de Música, tal e como eles pretenderon”.
Ao equipo de goberno parécelle moi grave que “PSOE e Grupo Mixto faigan xuízos de valor que son absolutamente prematuros e polo tanto non se refiren a datos obxectivos. Evidentemente, sobre a Banda, o GMPP falará coa Asociación de Amigos da Banda, que é a quen lle compete a xestión da mesma, tal e como reflicte o convenio antes mencionado. E esa conversa celebrarase sun dúbida algunha e será convocada nos próximos días, pola sinxela razón de que foi o Concello quen denunciou o convenio, de acordo co manifestado polo GMPP no pleno de aprobación do mesmo”.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



