Nota de prensa
O candidato socialista ao Congreso tivo a oportunidade levar adiante proxectos beneficiosos para A Mariña na súa condición de Ministro de Fomento pero non o fixo
Jose Blanco vese obrigado a repetir as mesmas promesas que xa escoitamos fai oito anos e que non cumpriu
• Nin finalizou a autovía do Cantábrico, nin comprometeu a alta velocidade ferroviaria, nin creou a autoridade portuaria, “todas materias suspensas do ministro”.
A Mariña, 17 de novembro de 2011.- O secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro, asegurou que no mitin que tivo lugar no día de onte en Ribadeo, Jose Blanco “viuse obrigado a repetir as mesmas promesas que xa todos escoitamos fai oito anos e que non cumpriu”. Balseiro lembra que o candidato socialista ao Congreso tivo a oportunidade de levar adiante moitos dos proxectos que agora volve a prometer -porque eran competencia directa do Ministerio de Fomento que el presidía- e pese a iso non o fixo.
“Fai oito anos Blanco prometeu a finalización da autovía do Cantábrico. E puxo prazos. E oito anos despois segue sen rematarse esta obra. Prometeu poñer en marcha o AVE do Cantábrico, e non só non o fixo senón que incluso anulou os estudos que existían sobre esta nova rede ferroviaria. E tamén prometeu crear unha autoridade portuaria lucense, e pese a que Fomento é a administración que ten a competencia exclusiva para creala, tampouco cumpriu”.- explicou Balseiro.
O secretario xeral dos populares galegos di que os veciños da Mariña están cansos de escoitar unha e outra vez o “rosario de promesas repetidas” de Jose Blanco e ver como quedan en nada e que “isto da mostra da falta de credibilidade dun señor que despreza todo o que lle importa a esta comarca”.



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



