Nota de prensa
OS SOCIALISTAS DESTACAN QUE O PROBLEMA COS PROVEEDORES SE PODE SOLUCIONAR CO DIÑEIRO RECAUDADO
-Os socialistas logran dar marcha atrás á petición dun crédito ICO que non axudaría a reducir a débeda se non a incrementala, “a maiores teríamos que pagar 44.000 euros de intereses”
-Destacaron que “o problema pódese solucionar co diñeiro recaudado polo pagamento do imposto de vehículos e da contribución rústica e urbana”
-O GMS de Foz propuxo que “sexa á Xunta de Galicia quen xestione a depuradora municipal”
O pleno celebrado no Concello de Foz durante a tarde de onte tivo como tema principal a débeda actual á que se enfrenta o alcalde, Javier Castiñeira, e a súa maneira de solucionar o problema. Os membros do Grupo Municipal Socialista de Foz destacan que “o señor alcalde non vía outra forma de pagar as débedas a proveedores sen pedir un crédito ICO. Un crédito que en lugar de reducir a débeda pública non faría máis ca incrementala, pois cuns intereses do 6,25% a pagar en tres anos, teríamos que pagar a maiores 44.000 euros”.
Os socialistas propuxeron buscar outras liñas de financiamento máis vantaxosas ca este crédito lembrando que “tan só cos fondos que vén de ingresar nas arcas municipais polo pagamento do imposto de vehículos e da contribución rústica e urbana, conta cun millón e medio de euros”. A proposta socialista logrou dar marcha atrás á petición do crédito e que o equipo de goberno se replantee esta medida.
Alternativas ó incremento de taxas
Ademais disto, o equipo de goberno puxo enriba da mesa varias mocións, todas elas pensando en incrementar diferentes taxas. Dende o Partido Socialista subliñan que o señor alcalde fixo referencia ó incremento do recibo da auga e ó encarecemento do servizo da piscina municipal. “Tódolos informes onte presentados eran estimacións realizadas polas empresas adxudicatarias de ambos servizos. Esiximos que sexa un técnico municipal o que realice un informe revisando a situación real e onde se valore ben esta subida. No caso de que este informe municipal estime necesaria a subida do 20% como se di nos datos das empresas adxudicatarias, pedimos que o incremento non se leve a cabo só neste ano, senón que se reparta en dous anos. Cremos que nestes momentos de dificultades económicas non é o mellor momento para gravar ás familias en certos servizos”.
En canto á aplicación da taxa de depuración de augas residuais, os socialistas tamén propuxeron unha alternativa, “é sabido que noutros concellos como por exemplo en Alfoz ou O Valadouro, é a Xunta de Galicia quen asume a xestión das depuradoras municipais, entendemos que se podería negociar coa administración autonómica esta posibilidade e que fose a Xunta directamente quen se fixese cargo da depuradora de Foz e da xestión do servizo de tratamento de augas residuais”.
Aprobado por unanimidade
O Grupo Municipal Socialista de Foz asegura que tamén se aprobaron por unanimidade varias mocións presentadas por diferentes grupos políticos, “en primeiro lugar, o Concello de Foz instará á Xunta de Galicia para que leve adiante un Plan de Reactivación Turística que contemple melloras no Mirador da Frouxeira e no Castro de Fazouro. Por outra banda, pedirá ó Goberno Galego que reconsidere a diminución que levou adiante co Plan Concertado en canto a servizos sociais, xa que concretamente en Foz supuxo unha reducción do 80% dos fondos”.
A corporación focense recordando que hoxe é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, resaltou “a importancia de solicitar ó goberno da Xunta de Galicia e ó vindeiro Goberno Central a que continúen aplicando políticas en contra da violencia machista”.
E finalmente, no apartado de rogos e preguntas, o Grupo Socialista pediulle ó alcalde, Javier Castiñeira, que “non discrimine a ningún focense, pois os veciños das parroquias teñen o mesmo dereito cos da vila de dispor de alumeado de Nadal”.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



