PSdeG – Psoe de O Valadouro. Grupo Municipal.
Cada vez e mais evidente a sensación de que en Valadouro
non hai goberno municipal. A falta de proxectos de ilusión e de
rumbo e cada vez mais palpable. Neste arranque de lexislatura, o
novo equipo de goberno municipal, parece desgastado, da a
impresión de estar xa nun fin de ciclo, amen de que o alcalde tomou
a decisión de non gobernar e dende logo de non exercer como tal.
Lonxe de poñerse a o fronte da nave, parece mais un grumete que o
capitán. Segue o persoalísimo método de buscar escusas en vez de
solucións, nada e responsabilidade súa. Unhas cousas porque
veñen de atrais, outras simplemente non sabe ou non contesta.
Sirvan un par de exemplos para ilustrar o dito;
No ultimo pleno o secretario formula un reparo a contratación
da terceira fase do saneamento na parroquia de Moucide, pois esta
faise sen contar cos pertinentes permisos, que xa e desidia, a
resposta como non e “Que isto xa ven de antes”, cando esta
afirmación ten un pequeno problema, a obra contratase fai pouco
mais de un mes, e da toma de posesión fai case seis. Non sabemos
cando empezara a lexislatura para o Sr. Alcalde. Podía ter ata certa
graza se non fora que por estas aptitudes a obra esta sen comezar,
privando a os veciños de Moucide de un servizo fundamental.
Tampouco estivo mal a aclaración das xestións, para que o
igual que moitos concellos da nosa comarca se implante o servizo
de pediatría no centro medico da vila de Ferreira, esta foi a resposta
“ Non sei, fun a Lugo e non souberon dicirme nada” tal cal.
Comeza o inverno e a maioría das cunetas das pistas do noso
Val están como estaban.
Nos orzamentos da Xunta non figura ningunha inversión par
Valadouro, e non vemos que iso preocupe o mais mínimo.
Os contedores soterrados (eses que estiveron instalando en
plenas festas) están se poñerse en servizo.
A veira do paseo fluvial parece xa un matorral.
Pero bueno seguro que nada de isto e responsabilidade do
actual goberno . En todo caso son cousas que veñen de “atrás”,
son cosas de “antes”, so que antes, doce anos concretamente, o Sr.
Lamela foi membro dos gobernos habidos no concello, incluso
tenente alcalde, así que de algo deberan soarlle os temas a os que
referimos.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



