Nota de prensa
VAL ALONSO SOSPEITA QUE O INTERESE DE SANIDADE SOBRE TERREOS EN BURELA PARA A AMPLIACIÓN DO HOSPITAL NON SEXA MÁIS CUNHA ARMA ELECTORAL
-Nos orzamentos de 2012, a Xunta só destina 284.000 euros para o Hospital da Costa, “non sei qué clase de ampliación se pode levar adiante con estes cartos”
O Deputado Provincial do Partido Socialista, José Ramón Val Alonso, considera “unha burla por parte da Consellería de Sanidade que, a falta de tres días para as eleccións xerais, pregunte ó Concello de Burela si ten previsto no seu plan urbanístico algúns terreos para unha posible ampliación do Hospital da Costa”.
Val Alonso lembra que nos orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano 2012, a partida destinada para este Hospital non superaba os 284.000 euros. Non sabemos qué clase de ampliación se pode levar adiante con estes cartos. O que sí se pode saber con este tipo de comunicados é que o PP aproveita moi ben os últimos días da campaña electoral”.
O socialista engade que “en lugar de interesarse repentinamente polos terreos que existen en Burela para unha suposta ampliación, que non será realidade, pois non se prevé nos orzamentos para o vindeiro ano, a Consellería de Sanidade debería preocuparse de cubrir mellor os servizos, as baixas do persoal, non demorar as listas de espera, non eliminar servizos de ambulancia e urxencias e dar un paso atrás na súa política de reducción das prestacións da sanidade pública”.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



