Portos de Galicia iniciará en decembro o plan de redución de consumo enerxético que permitirá aforrar 100.000 euros
Alternará o funcionamento dos puntos de alumeado público para reducir o consumo
Manterá operativas permanentemente as luminarias de explanadas e peiraos para garantir a seguridade e reducirá a intensidade en viais secundarios e zonas de tránsito
Volver
ReadSpeaker
Santiago, 27 de novembro de 2011.- Portos de Galicia porá en marcha nos primeiros días de decembro o plan de aforro económico e enerxético na rede de alumeado público das zonas portuarias. A medida consistirá na alternancia de funcionamento das fases de luminarias durante unhas horas da madrugada, de xeito que non todos os puntos de luz estean operativos ao mesmo tempo nin funcionen cunha potencia máxima.
No periodo inicial de entrada en vigor da medida, que se prolongará ata a chegada do verán, o ente público prevé un aforro de entre o 5 e o 7% no consumo. En termos económicos suporía máis de 100.000 euros no próximo ano e medio. Así mesmo, contribúe de xeito significativo a un maior beneficio ecolóxico e ambiental. Esta proposta enmárcase dentro dun programa de iniciativas de aforro enerxético que Portos de Galicia está a desenvolver en colaboración co Instituto Enerxético de Galicia nas zonas de dominio portuario.
A rebaixa no subministro de luz compatibilizarase coas garantías plenas de seguridade para os usuarios e a maquinaria portuaria. Para este fin, a medida do ente público non afectará ás zonas de explanadas nin peiraos. Nestes espazos manteranse operativos permanentemente todos os puntos lumínicos. A alternancia de funcionamento estará restrinxida a zonas de tránsito puntual e viais secundarios, nos que se reducirá o número de puntos de luz activos a un mesmo tempo.
Portos de Galicia pon en marcha este plan de aforro de xeito experimental. Os resultados obtidos no primeiro periodo de vixencia da medida permitirán coñecer con maior exactitude os niveis de aforro económico e enerxético de xeito que poidan producirse os axustes preceptivos para optimizar a reducción de gasto.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



