María Ríos foi a gañadora do sorteo do Campañazo do bingo, celebrado o pasado venres 18 de novembro en Foz, organizado pola Asociación de Comerciantes. A secretaria e a tesoreira da ACIA foron as encargadas de facerlle entrega dos vales de compra por importe de 300 euros, que a afortunada poderá gastar no comercio da vila ao longo dos vindeiros días. O acto desenvolvéuse no restaurante O Mar, que foi desde onde María Ríos seguiu o sorteo da semana pasada. Mañá, 25 de novembro, remata o Campañazo do bingo deste mes de novembro poñendo en xogo outros 300 euros.
Remata en Foz O Campañazo do bingo de novembro con 300 euros en xogo
María Ríos foi a gañadora do sorteo do Campañazo do bingo, celebrado o pasado venres 18 de novembro en Foz, organizado pola Asociación de Comerciantes. A secretaria e a tesoreira da ACIA foron as encargadas de facerlle entrega dos vales de compra por importe de 300 euros, que a afortunada poderá gastar no comercio da vila ao longo dos vindeiros días. O acto desenvolvéuse no restaurante O Mar, que foi desde onde María Ríos seguiu o sorteo da semana pasada. Mañá, 25 de novembro, remata o Campañazo do bingo deste mes de novembro poñendo en xogo outros 300 euros.





















Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



