Nota de prensa
JULIUS LEDERER, O INDIXENTE QUE NOS ÚLTIMOS MESES VIVIU NAS RÚAS DE BURELA, ATÓPASE INGRESADO NUNHA UNIDADE PSIQUIÁTRICA EN LUGO, SEGUNDO VEN DE CONFIRMAR DIANA DURÁN.
Burela, 23 de novembro de 2011. Julius Lederer, o indixente que nos últimos meses viviu nas rúas de Burela, atópase ingresado nunha unidade psiquiátrica en Lugo, segundo confirmaba esta mesma mañá a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán.
A edil popular explicou que “durante todo o verán desde o equipo de goberno lles estivemos a remitir informes sobre a súa situación á fiscalía e aos xulgados de garda e nº 2 de Viveiro. Neste último era onde estaba aberto un proceso para proceder á súa incapacitación”. Diana Durán indicou que “o pasado 26 de outubro activamos un protocolo de actuación co 061 co obxectivo de prestarlle atención médica, pero él negóuse a recibila. De novo informamos ao xulgado do que estaba a acontecer e das numerosas chamadas e queixas que a diario recibíamos no Concello sobre esta persoa. Durante todas estas semanas estivemos a traballar e moito tanto desde os Servizos Sociais como desde a Policía Local, para tentar darlle unha solución á problemática creada con Julius Lederer en Burela”.
A concelleira de Servizos Sociais engadiu que “o pasado xoves coñecemos que Juluis abandonara Burela e que se atopaba en Foz, nova que puxemos de novo en coñecemento das autoridades xudiciais pertinentes para que o tivesen perfectamente localizado, dado que o 21 de novembro tiña que comparecer nun xuizo”. Julius Lederer foi atendido nas últimas horas no Hospital da Costa en Burela e desde alí trasladado ao HULA en Lugo, “o último que sabemos é que foi ingresado nunha unidade de psiquiatría”. Diana Durán agradece o traballo realizado polas autoridades xudiciais para atoparlle unha solución a este caso, “nós o que queríamos é que Julius Lederer recibise atención médica, porque a precisaba”.