Nota de prensa 1/2
INTENCIONALIDADE , CAPRICHO OU CHULERÍA???
Esta é a pregunta que nos facemos UNIFOZ e seguro que moitos dos veciños/as de San Acisclo (Foz), despois de ver a situación ,e ver onde se decidiu instalar unha marquesiña nesa parroquia.
Os veciños de San Acisclo despois das consecuencias das obras da crta Ferreira –Foz pediron que se instalara unha parada de bus e unha marquesiña para transporte escolar e tamén para liña regular.
Fai uns días procedeuse a facer a parada de bus , tal e como se ve na foto adxunta e mesmo se deixou rebaixe no bordillo para instalar colindante coa parada a marquesiña.
Nesta mesma semana traballadores do Concello procederon a a facer a base para a marquesiña fora de onde está a parada e fronte a un paso de peóns, algo que desconcertou aos veciños e que non se entende.
Nun primeiro momento pensouse que fora un erro, pero máis tarde a este portavoz foille confirmado polo propio Alcalde que a Marquesiña se poñería nese lugar sen máis razón.
UNIFOZ, considera o feito como grave, pois entendemos que a lóxica, o sentido común e os veciños din xusto o contrario do que se pretende facer.Por todo isto
Solicitamos do Sr Alcalde se proceda a instalación da Marquesiña na parada do bus, lugar onde estaba previsto instalala inicialmente.
UNIFOZ
Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.
Nota de prensa 2/2
Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ e no seu nome Jaime Cancio Rodríguez como portavoz de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside, ao amparo do disposto no artigo 14 e seguintes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e no exercicio do Dereito Fundamental, recollido no artigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elexidos nas eleccións por sufraxio universal.
Presenta a seguinte PREGUNTA:
Que por parte do Concello iniciáronse as obras para instalación dunha marquesiña no cruce da carretera LU152 coa LU151 na parroquia de San Acisclo .
Que a mencionada instalación incomprensiblemente non se fai na parada de bus, e se fai fora da parada. É polo que
PREGUNTAMOS:
Cales son os motivos para que a marquesiña non se instale na parada de bus?
Solicitouse permiso á Xunta de Galicia como titular da estrada para a súa instalación en ese emprazamento?




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



