O vindeiro venres, día 18 do actual, e dentro da programación da celebración de Santa Cilla, patrona dos músicos, a Escola Municipal de Música de Foz organiza un acto poético-musical co gallo de cumplirse os 45 anos dos I Xogos Florais de Foz, certame no que gañara o primeiro premio e flor natural o poeta Manuel María co feixe de poemas “Versos florecidos en louvanza de Foz”. evento que quedou nos anais do pobo como un feito singular, cultural e social, de grande brillantez e de inmorrente memoria, no que actuara como mantedor o insigne intelectual e ilustre tribuno, don Eugenio Montes, por aquelas datas agregado cultural na Embaixada Española en Roma.
O “poeta da Terrachá” fai, a través da súa poesía, un canto a Foz,: á súa paisaxe e á paisanaxe,ós recunchos mariños mais amados por él; mesmo á alma do pobo, mariñeiro e labrego. Co acto nunciado, que terá unha duración total de uns sesenta minutos, vaise a lembrar o desenvolvemento daquel cerimonioso evento ó que hai case medio século non faltou a súa dose de glamour. Para esta ocasión o mestre Arcadio Mon, director da Escola de Música, fundador da Banda focense, musicou parte dos oito poemas que forman o ramellete poético, que vai cantar, para rematar con “Lembranza a Manuel María” de cuxa letra e música é autor e como broche de ouro da modesta homenaxe que os organizadores ofrecen ó vate inesquecible que amou a Foz, cuxa Casa da Cultura leva e seu nome e onde a partir das 20 horas, con estricta puntualidade, dará comezo iste feito novidoso durante o que se relatará os aspectos de maior interese relacionados con él.
Todos os asistentes recibirán como agasallo un libriño cos “Versos florecidos…”.
Suso Fernández



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



