Nota de prensa
O titular da Xunta visitou, en Viveiro, a fábrica Vestas Iberia que, unha vez que se poña en marcha os pedidos como consecuencia da adxudicación do concurso eólico, pasará de 500 empregos directos a 1.000 e de 500 empregos indirectos a 1.000 indirectos
FEIJÓO CUALIFICA DE “GRAN MENSAXE” PARA A ECONOMÍA GALEGA QUE O CONCURSO EÓLICO POSIBILITE A EMPRESAS RELACIONADAS CO SECTOR DOBRAR A SÚA PLANTILLA EN GALICIA
Asegura que “este macroconcurso de 2.300 megavatios segue o ritmo previsto pola Lei eólica aprobada no Parlamento”, e reitera que Galicia, desde o punto de vista da súa economía, ten claro que a enerxía segue sendo unha das pezas clave para saír da crise económica na comunidade
Subliña que a actuación estrela deste Goberno, xunto coa seguridade xurídica –unha lei- e xunto co canon eólico –facilidade para as facendas locais- é a adxudicación eólica. “Seguimos mantendo o compromiso de 14.000 postos de traballo e 6.000 millóns de investimento”
Afirma que só falta que a inseguridade xurídica do Decreto do Goberno de España desapareza e espera que “o próximo Goberno que saia das urnas concrete o decreto que regule no futuro a enerxía eólica de tal xeito como viña sendo regulado ata o de agora dando seguridade e estabilidade a este sector eólico”
Viveiro, 15 de novembro de 2011.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cualificou, hoxe, de “gran mensaxe” para a economía galega que o concurso eólico posibilite a empresas relacionadas co sector, como a fábrica Vestas Iberia, dobrar a súa plantilla en Galicia, pasando de 1.000 a 2.000 empregos.
Durante unha visita ás instalacións da fábrica, en Viveiro, Feijóo subliñou que, unha vez que se poña en marcha os pedidos como consecuencia da adxudicación do concurso eólico, esta compañía, “clave desde o punto de vista da tecnoloxía e da competitividade dos produtos eólicos, pasará de 500 empregos directos a 1.000 e de 500 empregos indirectos a 1.000 indirectos”. “A posibilidade de dobrar unha plantilla nunha compañía estratéxica, nunha compañía de innovación e tecnolóxica, en Galicia, é unha mensaxe de realismo e de optimismo”, aseverou.
O presidente do Goberno galego afirmou que o concurso eólico segue os prazos comprometidos, “este macroconcurso de 2.300 megavatios –dixo- segue o ritmo previsto pola Lei eólica aprobada no Parlamento”; e reiterou que Galicia, desde o punto de vista da súa economía, ten claro que a enerxía segue sendo unha peza clave do despregamento económico e unha das pezas clave para saír da crise económica na comunidade. “A enerxía hidroeléctrica, repotenciando encoros e presas, sen facer novos diques nos cauces dos ríos pero si autorizando a repotenciación dos embalses tradicionais; a enerxía combinada de carbón e de gas e, en terceiro lugar, a aposta polo sector eólico”, salientou.
Feijóo lembrou que ao concurso eólico “lle dimos seguridade xurídica, é dicir, unha lei aprobada no Parlamento galego; en segundo lugar, o canon eólico supuxo 60 millóns de euros que foron directamente á Xunta e aos concellos onde radican os parques eólicos galegos. E, en terceiro lugar, a actuación estrela deste Goberno, xunto coa seguridade xurídica –unha lei- e xunto co canon eólico –facilidade para as facendas locais- é a adxudicación eólica. Seguimos mantendo o compromiso de 14.000 postos de traballo e 6.000 millóns de investimento”.
O titular do Executivo autonómico afirmou que só falta que a inseguridade xurídica do Decreto do Goberno de España desapareza, “que haxa unha nova legalidade, un novo decreto para dar certeza desde o punto de vista financeiro, tarifario.” “Esperemos –aseverou- que o próximo Goberno que saia das urnas concrete o decreto que regule no futuro a enerxía eólica de tal xeito como viña sendo regulado ata o de agora dando seguridade e estabilidade a este sector eólico, clave para España e para Galicia”.
“Esa certeza traerá, sen dúbida máis plantilla, máis emprego, máis actividade económica a esta empresa que ten en Galicia tres puntos de emprego -Viveiro, O Porriño e Bergondo- e que, ademais, utiliza os portos de Marín e de Vigo para, desde aquí, sacar toda a tecnoloxía, neste momento, para EEUU e Brasil e espero que tamén, a partir de 2013, para o consumo local, é dicir, para poñer en marcha os 2.300 megavatios adxudicados pola Xunta”, concluíu.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



