Nota de prensa
HOXE PRESENTÁRONSE AS ACTIVIDADES DE NADAL DA REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
Mario Outeiro destacou que “a Área de Cultura non cede na súa aposta por manter unha programación cultural de calidade, gratuíta e para todos e todas”
Desde o vindeiro luns até o 9 de xaneiro un completo programa de obradoiros e actividades encherá os catro museos da Rede Museística da Deputación
LUGO, 20 de decembro de 2011. O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, xunto a Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial, e Aurelia Balseiro, directora do Museo de Lugo, presentaron esta mañá as actividades de Nadal que se van a desenvolver no período de lecer de Nadal dos escolares en todos os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo (Museo de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo do Pazo de Tor e Museo Etnográfico de San Paio de Narla).
Mario Outeiro afirmou que “malia ser tempos complicados para as administracións públicas a Área de Cultura non cede na súa aposta por manter unha programación cultural de calidade, gratuíta e para todos e todas”, xa que “temos claro que en Cultura non podemos recortar porque tamén é un dos piares do benestar” e definiu como “moi importantes para as familias” as actividades que hoxe se presentaron “igual que o conxunto de actividades que se programan noutras épocas de vacacións dos nenos e nenas, xa que non teñen o mesmo período de vacacións que os pais e nais e, polo tanto, estas actividades aportan un importan recurso á hora de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos e das lucenses”.
Aurelia Balseiro, directora do Museo de Lugo, destacou que as actividades “aínda que están máis enfocadas cara os nenos e nenas, tamén se desenvolven un conxunto de moitas outras para os pais e nais e todo o público en xeral”. As actividades, totalmente gratuítas e para as que xa está aberto o prazo de inscrición, comezarán o vindeiro luns e desenvolveranse até o día 9 de xaneiro, sendo un conxunto moi variado e novidoso de obradoiros, xogos educativos e demais no que o persoal dos museos e os voluntarios que colaboran traballaron a reo, algo que Aurelia Balseiro agradeceu.
Pola súa banda, Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación, afirmou que “as actividades programadas en todos os museos da Rede teñen un punto en común, que se van a desenvolver baixo unha fórmula de participación común, nas que ademais de aprender cousas os nenos e nenas aprenderán a convivir baixo diferentes experiencias”. Neste camiño, Encarna Lago explicou que “desde as propostas da Rede Museística tratamos tamén de educar en valores, precisamente nuns días marcados polo consumismo, co que tamén se organizan iniciativas solidarias”. Ademais, Encarna Lago expuxo que as actividades de cada museo gardan relación coa temática de cada un e máis co lugar no que se insiren, para que tamén exista unha reflexión e coñecemento sobre o patrimonio máis achegado a cadaquén.
CAMPAMENTOS DE NADAL 2011-2012
“Nadal nos museos nun mundo cambiante. Novos retos , novas inspiracións..”
(Lema do ICOM para o ano 2012)
Para o ano 2012 o lema escollido polo ICOM para celebrar o Día Internacional dos Museos será “Museos nun mundo cambiante. Novos retos, novas
inspiracións”.
Hoxe en día, o mundo cambia efectivamente máis rapidamente que nunca e as novas tecnoloxías ofrécennos novas ideas e posibilidades. Dende a
Rede Museística queremos despedir o ano e iniciar o novo lembrando que levamos tempo traballando inspirados por ese lema, conectándonos á
comunidade mediante os oficios, as novas tecnoloxías e, en conclusión, intentando intercambiar o pasado co futuro.
Ronsel de futuro
Un Nadal con moitos cambios que pretende, seguindo o lema do ICOM, que o novo ano permita aos visitantes interrogarse en canto ao papel dos
museos nunha nova sociedade donde constantemente nacen novos medios de comunicación, e descubrir ou redescubrir como os museos da Rede se
interesan polo futuro en termos de desenvolvemento sostible.
Todas as actividades incluídas neste programa potencian novas capacidades cognitivas:
-Aprender a coñecer
-Aprender a ser
-Aprender a vivir xuntos
-Aprender a facer
E sobre todo: EMOCIÓN, a importancia da emoción e o asombro na arte de medrar
E unha morea de actividades: Peza sorpresa de Nadal na Rede, Visitas guiadas gratuítas,
Itinerario femenino no Nadal…
Videoproxecións durante todo o Nadal sobre o APALPADO
Historias do Mar de Lugo: Lugo ten Mar
A Mariña de Lugo ten un litoral que comprende oito concellos e máis
de 100 km de costa cunha importante tradición mariñeira construída ao
longo dos séculos.
Neste Nadal coñeceremos a historia do mar de Lugo e a partir de aí
introduciremos imaxes e contidos multimedia sobre O Mar de Lugo para
realizar un traballo plástico no que se utilizará a técnica do suminagashi.
oBradoiros
Os días 30 de decembro e 7 de xaneiro, de 11 a 14 horas e de 16 a 18 horas,
realizaremos varios obradoiros deseñados, pensados e recomendados
para todas as idades (nenos e nenas, pais e nais, avós e avoas…, todos
xuntos como na vida): vídeo-arte, códigos QR, xogos de realidade
alternativa, programas de radio ou suminagashi (papeis tinguidos ou
pintados por flotación).
iniCiatiVas soLidarias
Xoguetes solidarios
En colaboración coa Cruz Vermella e con outras organizacións recollemos
xoguetes nos museos da Rede para facérllelos chegar a aqueles nenos e
nenas que máis os necesitan.
Contra a Fame en África
Súmate á campaña de ideas que ten por obxectivo recadar 90 millóns de
euros en 90 días para destinalos integramente a proxectos para combater
as urxencias do corno de África, e que executarán ONGs de recoñecida
traxectoria e reputación. Máis información:
http://es.ideas4all.com/static/es/90mn90d.html /
http://www.90mn90d.com
outras ProPostas
Teatro
Sábado 14 de xaneiro, ás 18:00 horas
Representación da obra “A barbería do Pallarego” polo Grupo de Teatro
Infantil Érase unha vez…, de Mondoñedo.
Obradoiro de Fotografía para cegos
(DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2011)
Imparten Encarna Lago, xerente da Rede Museística, unha terapeuta e
varios fotógrafos lucenses.
Inscrición: Departamento de Didáctica do MPLugo. O 3 de xaneiro
de 2012 ábrese o prazo para inscribirse neste obradoiro. As datas de
realización fixáranse en función do número de demandantes
Teatro inclusivo
(DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2011)
12 de xaneiro, ás 19:30 horas. Representacións da obra
“O médico a paos” polo grupo de teatro Pinchacarneiro.
nota iMPortante
O prazo de inscrición para as actividades que o requiran considérase aberto
a partir do anuncio desta convocatoria nos medios de comunicación
habituais e na web da Rede Museística e ata que se cubran as prazas
previstas no seu caso por rigorosa orde de inscrición. Matrícula gratuíta.
Horarios de visita (de outubro a maio)
Museo Provincial do Mar
Martes a sábado:
Mañás de 11:00 a 14:00
Tardes de 16:00 a 19:00
Domingos e festivos:
Mañás de 11:00 a 14:00
Luns pechado
O Museo permanecerá pechado os días 1 de xaneiro (Aninovo) 22 de
Maio (Santa Rita), 24, 25, 31 de decembro.
Entrada gratuíta
Museo Provincial do Mar
Avenida da Mariña s/n
San Cibrao
27890 Cervo (Lugo)
Tfno.: 982 594 572
museodomar@museolugo.org
www.museolugo.org






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



