A OMix do Concello do Valadouro organiza Obradoiros de Nadal para valorar a cultura e tradicións típicas desta época, fomentar a creatividade, as reflexións positivas na convivencia e a conciliación laboral dos pais nas épocas non lectivas. Dividiremos as actuacións en grupo infantil de 3 a 7 anos e grupo dos maiores de 8 a 12 anos. As actividades terán lugar os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro en horario de 16 a 18 horas na Casa da Cultura do Concello do Valadouro. Haberá actividades como Obradoiros de adornos de Nadal, de Postais, de animación á lectura coa figura do Apalpador, Ximcana, cociña navideña, etc. Pódense apuntar ata o 23 de decembro no teléfono 982 57 15 16 polas tardes ou persoalmente na oficina de información xuvenil.






















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



