Nota de prensa:
A XUNTA FINANCIA CON CASE 270.000 EUROS A CONTRATACIÓN DE AXENTES DE EMPREGO EN 14 MUNICIPIOS DA COMARCA DA MARIÑA
Raquel Arias destaca o empeño da Consellería de Traballo en promover esta rede que “facilita a búsqueda da inserción laboral e da promoción económica local no momento actual”
Todas as solicitudes presentadas polos concellos e entes oficiais foron respondidas positivamente e reciben axuda económica por parte do Executivo galego
Lugo, 26 de decembro de 2011.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, subvencionará nos próximos meses a contratación de 14 axentes de emprego e desenvolvemento local que prestarán os seus servizos en outros tantos concellos da comarca da Mariña.
Así o indicou hoxe a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, que subliñou que esta medida supón un investimento de preto de 270.000 euros (268.596 euros) por parte do departamento autonómico. Neste sentido, compre destacar que os concellos poden solicitar como máximo o equivalente ao 80% dos custos salariais totais derivados do contrato que proxectan formalizar, ata un tope máximo de 22.705 euros. Tódalas solicitudes presentadas a esta convocatoria foron respostadas de xeito positivo por parte do departamento autonómico, que colabora así económicamente na totalidade dos casos.
Na Mariña, os axentes de emprego subvencionados pola consellería están adscritos aos concellos de: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Xove.
Os axentes de emprego son contratados por un período de 12 meses e desenvolven tanto tarefas de estudo sobre o mercado laboral como de asesoramento puntual aos emprendedores, centrándose nas características e posibilidades de empregabilidade da zona concreta que supón o seu ámbito de actuación. O seu principal obxectivo apunta “á promoción económica local, ao impulso de proxectos empresariais e de iniciativas innovadoras para a xeración de emprego naquelas actividades económicas que ofrecen mellores perspectivas de futuro no lugar de referencia”, expuxo Arias.
Para isto, os axentes de emprego realizan prospeccións de recursos ociosos ou infrautilizados no panorama económico local, identificando novas actividades económicas e posibles emprendedores. Difunden esta información entre desempregados, promotores e emprendedores, estimulando a formación dunha maior conciencia empresarial como oportunidade de emprego.
Os axentes de emprego realizan tamén labores de acompañamento técnico no inicio de proxectos empresariais concretos. Informan sobre a viabilidade técnica, económica e financeira; ofrecen asesoramento técnico durante as primeiras etapas de funcionamento, e solventan calquera dúbida que poida xurdir neses primeiros pasos da actividade empresarial.
A rede axentes de emprego e desenvolvemento local é unha aposta da Consellería de Traballo e Benestar polo progreso económico e empresarial dende unha perspectiva local, favorecendo especialmente ás zonas menos favorecidas en termos socioeconómicos en aras de conseguir un maior equilibrio territorial.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



