CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O. U. EUROPEO
Nota de prensa:
Este martes, tivo lugar no IES de Foz unha “Xornada de iniciación e coñecemento das RCP básicas e Primeiros Auxilios” dirixida a todo o alumnado dos ciclos formativos e impartida por Mario Antuña.
Durante a charla víronse aspectos básicos da reanimación cardiopulmonar e as técnicas de primeiros auxilios. O alumnado puido realizar en directo este tipo de reanimacións aos bonecos de RCP .
Esta actividade estivo organizada polo departamento de FOL, o obxectivo principal é que o alumnado da formación profesional coñeza os riscos máis comúns aos que se vai enfrontar durante o seu traballo e cómo actuar ante calquer accidente