Nota de prensa do grupo municipal do PSdeG PSOE de Burela
O pasado luns, día cinco, celebrouse un pleno ordinario onde se debateron, entre outros puntos, os orzamentos para o 2012, aprobación do regulamento de organización da escola de música, modificacións no regulamento de axuda no fogar e modificacións do prezo público da prestación do servizo de axuda no fogar.
Os partidos políticos que conforman a oposición presentaron dúas mocións para o seu debate sobre temas esenciais para o desenvolvemento futuro do concello, como a de solicitar á Xunta aportacións económicas suficientes para que Burela poida culminar proxectos fundamentais para o seu desenvolvemento económico e social (accceso ó porto, escola infantil, limpeza do encoro de Rúa, etc.). Outra moción instaba á Xunta a retirar a orde do cinco de setembro que ten como obxecto regular e establecer os procedementos para o recoñecemento do dereito ó acceso a asistencia sanitaria de persoas sen recursos económicos suficientes e desempregados de longa duración, que hoxe en día incumbe tamén a un importante número de burelenses. Orde que ven a complicar, de maneira inxusta, as prestacións sanitarias a estes colectivos. O PP votou en contra de estas dúas mocións: nin crecemento para Burela nin atención sanitaria gratuíta.
Para as persoas que queiran empregar o servizo de axuda no fogar impóñenselles unhas condicións de acceso que implican pagar mais e ter menos garantías para conservar a praza unha vez concedida.
O prezo do servizo pasa de 9 euros 13.50 en días festivos e de 9 euros a 12 en días laborais, co agravante tamén de que unha persoa que cumpra ás condicións e que, por iso, estea recibindo o servizo de axuda no fogar pode verse privada do seu dereito por incorporación de outra persoa que a supere en puntuación.
A modificación do prezo faise nun momento pésimo para as persoas que precisan do servizo, dadas as condicións de crise económica actual, e tampouco se entende que si unha persoa precisa do servizo e cumpre as condicións, poida ser desprazada por outra quer cumpra “máis condicións”. Neste caso o que teñen que facer os responsables do Concello e garantir as prestacións buscando solucións e non recortando dereitos.
O regulamento de organización da escola de música faise unicamente para desprazar o anterior e impoñer unhas condicións organizativas favorables ás decisións unilaterais do director da escola. Redúcese a representación de pais e alumnos no consello escolar, non hai liberdade para elixir o segundo instrumento musical, condicionase o número de alumnos ás necesidades das distintas agrupacións (banda, coro ou orquestra), non se contemplan garantías de defensa para despedir a profesores, non se fomenta o traballo en equipo, ademais doutras lindezas hilarantes que nos leva a pensar que nengún membro do goberno tivo a delicadeza de leelo antes de levalo ao pleno para a súa aprobación.
O orzamento para o ano 2012 non recolle ningún compromiso político, non hai plans de emprego, nin inversións importantes que estimulen a creación de postos de traballo nin a actividade empresarial.
Recollen, eso si, un incremento das dietas dos concelleiros, a merca duns aparellos, que costan máis de oito mil euros, para controlar as entradas e saídas do persoal que traballa no Concello (medida que non se xustifica nos tempos actuais de crise económica e cando hai tres dedicacions exclusivas que poden e deben facer esa labor) e contemplan a creación de dúas prazas de auxiliar administrativo por importe de coarenta mil euros sin existir ninguha razón obxectiva que as xustifique. O que nos fai sospeitar que están asignadas para pagar favores políticos dos moitos que debe o alcalde, e o desenvolvemento dese presuposto nos dará a razón.
Os orzamentos son un refrexo do pesimismo que transmite este equipo de goberno incapaz de ofrecer alternativas para compensar as consecuencias da crise. Escudanse nesta crise, para xustificar a subida integral de impostos, mermar servizos sociais, anular todo tipo de axudas a colectivos, reducir postos de traballo (grumires e outros), apagar luces, etc. Os veciños demandan traballo, solucións e aportación e de momento faise todo o contrario. Esto si que é non respectar o voto.
O que sorprende é que sigan culpando de todo o anterior equipo de goberno, que digan que a oposición non traballa, como manifestou recentemente o tenente de alcalde. Este, que é un concelleiro que se limita a ler o que outros lle dictan e que de momento non se lle coñece ningunha labor destacable, agás o disfrute dun mes de vacacións sin corresponderlle por non ter “traballado” o ano natural. A súa constante atención ao que fan ou deixan de facer os demais, amosa canto se aburre. Quere despistar á opinión pública facendo de goberno-oposición, intentando camuflar a súa incompetencia con manifestacións que xa ninguén cre. E lle viña ben non ter tanta prepotencia e altivez, e si un pouco máis de humildade, que por ahí empezaría a entender o significado da palabra respeto. E un consello, culto por certo: para ensinar aos demais, primeiro tes que facer algo tú moi duro: enderezarte a ti mesmo.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



