Nota dse prensa
VEIGA AFIRMA QUE “FEIJÓO DEBE ACLARAR SE NO PP TEÑEN CABIDA OS FRANQUISTAS”
O deputado do BNG e vicepresidente da Deputación esixe explicacións do presidente do PP de Lugo e do PP de Galiza, que tamén é o presidente da Xunta
Lugo, 28 de decembro de 2011. Esta mañá, tras onte o PP evitar coa súa abstención no pleno da Deputación de Lugo que Franco conserve as súas distincións honoríficas, o vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, afirmou que “agora, Feijóo debe aclarar se no partido que el preside en Galiza teñen cabida os franquistas, xa que creo que se lle debe unha explicación á cidadanía de cómo valoran o feito de que persoas vinculadas ao PP sexan capaces de presentar alegacións na defensa do mantemento das distincións honoríficas a Franco”. Neste sentido, o deputado do BNG e vicepresidente da Deputación esixe explicacións do presidente do PP de Lugo e tamén do PP de Galiza, que tamén é á súa vez o presidente da Xunta.
Por esta razón, afirma Antonio Veiga, e á vista das alegacións presentadas onte por un grupo de lucenses, o PP debe mostrar a súa cara e explicar se “consideran que é compatible ser afiliado do PP e á súa vez facer unha defensa do réxime de Franco como fan no seu escrito de alegacións ao acordo de 2009 persoas vinculadas ao PP, como ex altos cargos do PP da época de Fraga”.
Por iso, no caso de que os Presidente do PP dea por bo que esas persoas teñen cabida no seo do PP terá que explicarllo á cidadanía.
Veiga considerou que por estas razóns e con estes comportamentos nas institucións democráticas, “o PP está pasando o límite do tolerable para considerarse un partido democrático, respaldando coa súa abstención os idearios dunhas persoas que foron membros destacados do PP de Lugo”.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



