Nota de prensa
DELEGACIÓN DE CULTURA DO CONCELLO DE FOZ INFORMA DAS SEGUINTES ACTIVIDADES PARA ESTA SEMANA DE NADAL
-XOVES 22 DE DECEMBRO ÁS 21:30 H. NA SALA BAHÍA DE FOZ
FULANO, MENGANO E CITANO. “Viva a Crise”
Os pobres fanse máis pobres e os ricos só un pouco menos ricos, A Sociedade do Benestar sente un enorme malestar; todos están asustados.
Home… todos non, hai quen está mui tranquilo, saben que os males de uns traen grandes beneficios para outros, e eses outros, mira ti por onde, sempre son os mesmos:
Banqueiros, especuladores, políticos, salvadores de patrias, feiticeiros da tribo e todos cantos saben facer da desgraza allea o seu próspero negocio.
Xa o dixo Quevedo: “Mangas e conciencias hainas de todos os largos”.
E como nós tamén temos a nosa, presentámosvos “Viva a Crise!!” Unha serie de historias entrelazadas que se desenvolven arredor deste tempo dificil que nos toca vivir, adubada con prebe de sátira, critica e actualidade fresquiña do pincho. Para chupar nos dedos! E todo servido ben quente e con muito humor. Porque o humor non pode acabar coa crise pero, si, axudar a pasala.
- Traxectoria
- En 1994 Manuel Botana funda en Vigo, “Fulano e Mengano” realizando o espectáculo “Cheiro de Estrelas”(1996)
- Posteriormente incorporase o actor e director Manuel Pombal pasando a chamarse “Fulano Mengano e Citano” e realizando: “Cheiro de Estrelas II” (1999)
- No 2003 realizan o espectáculo “Shss…Calma”(2004), No ano 2005 “O Faro” e no 2007 adaptan e desenvolven “Arte” de Yasmina Reza.
- Na actualidade a compañia Fulano Mengano e Citano SL , formada por Manuel Botana, Manuel Pombal, Suso Pando e Marcos Alonso, ten en Cartel as obras “Viva a Crise” e “Nunca Menos”.
Esperando a máxima difusión, aproveito a ocasión para saudalo/a moi atentamente
A Concelleira de Cultura
Mercedes González Alonso
MAIS ACTIVIDADES PARA O NADAL…
| Venres, 23
Papa Noel en Foz! Foliada Infantil de Nadal |
Papa Noel facerá um pequeno percorrido pólas rúas Avda. Da Mariña, Alvaro Cunqueiro….para saudar a tódolos nenos.
Organiza: Asoc. O Feitizo- Colabora Concello de Foz. |
12:00 | Casa da Cultura e rúas da Vila |
| Foliada Infantil de Nadal. Organiza: A Subela- Colabora Concello de Foz. | 19:00 | Sala Bahía | |
| Sábado, 24
Concerto de Panxoliñas |
Concerto de panxoliñas na rúa.
Tradicional concerto d@s alumn@s da Escola de Música de Foz. |
12:00 h. | Avda. da Mariña |
| Domingo,25 Nadal
Concerto de Nadal ¡TRASLADADO ÁO 30 DE DECEMBRO! |
A BANDA DE MÚSICA DE FOZ CAMBIOU ESTE TRADICIONAL CONCERTO DE NADAL PARA O DÍA 30 DE DECEMBRO | ¿? | ¿?Consultar Banda de Música de Foz |
| Martes, 27
Teatro Infantil A partir de 6 anos Duración:55 min |
TEATRO DO NOROESTE. “PIRATAS”
Un trebón papouse ao bergantín “Princesa dos Mares”, un dos máis temidos barcos piratas de todos os océanos. Algúns membros da súa perigosa tripulación conseguiron sobrevivir nunha balsa, agora a balsa pirata “Raiña da Escuma”. O terrible pirata Patachula dirixe unha tripulación composta polo grumete Mingallas, natural da illa da Tartaruga, o esforzado Ollovirollo, co seu parche no ollo e o seu papagaio Velasvir, e sobre todo a muller pirata Cachaza. Todos eles encherán de aventuras os mares do Sur, realizando conquistas, como a famosa illa da Flor Nacente, e conseguindo descubrir onde está agochado o tesouro do pirata Bocanegra, que cando abría a boca, a súa campaíña soaba a morto. Unha divertida e entretida obra de teatro que fará as delicias dos nenos, as nenas e os seus pais. Recomendada para todos os públicos, pero en especial para nenos e nenas de entre cinco e doce anos. |
18:30 h. | SALA BAHÍA
ESPECIAL INFANTIL DE NADAL |
| Venres, 31Concerto de Panxoliñas | Concerto de panxoliñas na rúa.
Tradicional concerto d@s alumn@s da Escola de Música de Foz. |
12,00 h. | Avda. da Mariña |
BAILE DE FIN DE ANO
O Concello de Foz organiza un ano mais o BAILE DE FIN DE ANO co GRUPO ATENAS na SALA BAHÍA de Foz.
O Baile terá lugar a partir das A partir da 1 da mañá
Reserva de mesa para día de FIN DE ANO
Casa da Cultura 982140675 (Tecn. Cultura)
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



