Nota de prensa
O PP de Cervo négase a apoiar un incremento dos investimentos da Xunta en Cervo para 2012 por 1,3 millóns de euros para o dragado do encoro de Rúa, a construción do emisario submarino en San Cibrao e a redacción do proxecto do porto deportivo da localidade.
Estúa denunciou que Balseiro está mais preocupado de manter a súa cadeira no parlamento que de defender os intereses dos seus veciños.
O alcalde retiroulle a palabra a unha portavoz da oposición o que motivou que os dous grupos se levantasen do pleno nun dos puntos a debate.
Cervo, 2 de decembro de 2011. O BNG cualificou de indecente a actitude do portavoz do grupo municipal do PP, José Manuel Balseiro, que despois de faltar ao respecto aos portavoces da oposición e demostrar unha falta de educación indigna dun responsábel político aínda tivo arrestos para anunciar que o PP non apoiaría nin no pleno nin no parlamento o incremento dos investimentos da Xunta en Cervo para 2012 so porque estas propostas proviñan da oposición municipal. Para Estúa “Balseiro supliu a ausencia de argumentos con insultos e falta de respecto á oposición e demostrou que a súa preocupación principal é manter o escano no parlamento”.
O PP negouse a apoiar que a Xunta consigne partidas económicas nos orzamentos 2012 para o dragado do encoro de Rúa, o emisario submarino para o saneamento en San Cibrao e a redacción do proxecto do porto deportivo de San Cibrao.
Para o BNG o pleno de onte demostrou que ao Sr. Balseiro preocúpalle mais a súa cadeira no parlamento que cumprir cos seus veciños en Cervo ao anunciar a súa negativa a apoiar no parlamento emendas que pretendían incrementar en 1,3 millóns os investimentos da Xunta en Cervo para 2012 dedicadas ao dragado do encoro de Rúa, ao emisario submarino de San Cibrao e á redacción do proxecto do porto deportivo de San Cibrao, amplamente publicitado mais non realizado. “Si para Balseiro o único argumento é que as propostas proveñan do BNG fraco favor lle fai á democracia e menos aínda vendo o desprezo e ausencia de respecto que demostrou nas súas intervencións”. Para Estúa a negativa do PP a apoiar a urxencia desta iniciativa e tampouco votar favorabelmente as emendas presentadas no parlamento “fan a hipocrisía política do PP que anuncia e publicita actuacións que despois non se ven reflectidas nos orzamentos”.
Para o PP tampouco é urxente a retirada do protocolo remitido polo SERGAS aos centros de saúde que limitan o uso da tarxeta sanitaria a persoas sen recursos económicos(PSR) ou en situación de desemprego.
Tampouco o PP quixo apoiar a moción de urxencia nacionalista que instaba á retirada da do protocolo do SERGAS que limita ás persoas sen recursos económicos(PSR) ou en situación de desemprego(código 29) que impón volo vía dos feitos restricións no acceso á asistencia sanitaria programada, á prestación farmacéutica e unicamente ao servizo de urxencias baixo condicións tan demenciais como a sinatura dun compromiso de pago”. Segundo Estúa “o PP incumpre con este protocolo a Lei 8/2008 de saúde de Galiza que no seu artigo 4º garante a atención sanitaria universal sen poñer condicións ás circunstancias persoais ou sociais”, “o goberno do PP primeiro negou a existencia deste protocolo, despois botou as culpas a terceiros e por último tivo que recoñecer que se estaba excluíndo do dereito á asistencia pública universal e isto so foi posíbel grazas á presión social e política xa que as intencións estaban claras, limitar os dereitos asistenciais precisamente a que mais o necesita”, rematou Estúa.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



