Nota de prensa
O BNG PÍDELLE AO ALCALDE DE BARREIROS QUE DEIXE DE INTENTAR XUSTIFICAR OS RECORTES DO PP E DE FACÉRLLELOS PAGAR AOS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO. OS NACIONALISTAS CONSIDERAN QUE AS DECLARACIÓNS DE FUENTE PARGA SOBRE A AXUDA NO FOGAR “NON VEÑEN MÁIS QUE CONFIRMAR O QUE NÓS DENUNCIAMOS HAI UNS DÍAS, QUE O PREZO DESTE SERVIZO EN BARREIROS DUPLÍCASE”.
Barreiros, 2 de decembro de 2011. O BNG pídelle ao Alcalde de Barreiros que deixe de intentar xustificar os recortes do PP e de facércellos pagar aos veciños e ás veciñas do concello. Para os nacionalistas as declaracións do rexedor barreirense efectuadas nas últimas horas non veñen máis que a confirmar o que anunciaba o BNG en días pasados: o prezo do servizo de axuda no fogar en Barreiros duplicarase.
Desde o Bloque Nacionalista Galego sinalan que “no pleno do luns, tal e como explicou o rexedor, subiuse o prezo da hora de 6 a 12 euros, polo tanto duplicouse o prezo da hora que se lle repercute ás usuarias e usuarios do servizo. Por esta razón, o prezo que están pagando actualmente as persoas ás que se lles presta o servizo tamén se duplica; con independenza de que sexa máis ou menos, pero agora vai ser o doble do que viñan pagando. Esto é así porque é sobre o custe da hora sobre o que se calcula o prezo que van pagar as usuarias e usuarios. Como consecuencia disto, se unha persoa antes pagaba o 10% de 6 euros, agora vai pagar o 10% de 12 euros. É máis, coa reducción de tramos que tamén aprobou o goberno municipal, esa persoa que pagaba o 10% de 6, agora vai pagar o 20% de 12. É evidente que o custe para as e os barreirenses vai subir”.
Os nacionalistas indican que “o que está vendéndose desde a Alcaldía como un favor, que as e os barreirenses non paguen a totalidade do custo, non é máis que a consecuencia da aplicación da lei. Que as usuarias e usuarios de Barreiros non paguen o prezo total do servizo vén derivado de que as súas pensións son moi baixas e non chegan aos ingresos para asumir ese custe. En todo caso, o Alcalde non pode presentar á institución municipal como se fora unha casa de beneficiencia que non lle cobra a totalidade do custo a veciñas e veciños ou que lle presta camas, cadeiras de rodas, muletas, etc. xa que se o fai, será porque estas persoas teñen dereito a iso e lles pertence como veciñas e veciños do concello. O que non se pode facer é vender como favores o que son dereitos”.
Por outro lado, desde o BNG tamén acusan ao Alcalde de utilizar a demagoxia para xustificar o prezo do servizo de axuda no fogar ao intentar comparalo coa prestación dos mesmos servizos de xeito privado e os custes que esto supón. Desde o BNG volveron insistir en que “os servizos que presta o concello son servizos públicos, polo que xa están financiados co diñeiro que todas e todos pagamos cos nosos impostos. Polo tanto, a xente que paga por este servizo faino dúas veces: a primeira por medio dos impostos e a segunda por medio do mal chamado copagamento”.
Os nacionalistas tamén se quixeron referir á teima que ten o Alcalde de Barreiros con falar do Concello de Ribadeo, “non sabemos se Alfonso Fuente preferiría ser concelleiro no concello veciño. Nós somos concelleiros en Barreiros e por iso falamos dos problemas e cuestións que hai no noso concello, que foi para o que as veciñas e veciños nos deron o seu apoio, para facer o noso traballo no noso concello”, sentencian desde as filas nacionalistas. Desde o BNG engaden que “tamén podemos falar, porque é responsabilidade do noso compañeiro Antonio Veiga, do compromiso da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo co servizo de axuda no fogar. Porque esta institución non só mantivo, senón que incrementou nun 20% os fondos destinados a cubrir este servizo. Polo tanto, pedímoslle ao alcalde barreirense que deixe de intentar xustificar os recortes do Partido Popular e que deixe de facerllélos pagar ás veciñas e veciños, porque o compromiso, igual que o movemento, demóstrase andando. E o BNG alí onde ten responsabilidades de goberno móvese para garantir os servizos sociais sen repercutilo nas usuarias e usuarios, mentras o Partido Popular camiña cara atrás.”



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



