Nota de prensa
Socialistas e nacionalistas están molestos porque sexa o Partido Popular quen leva a iniativa en defensa do emprego e da capacidade produtiva da Mariña lucense e así o demostran coa súa reacción excesivamente crispada
BALSEIRO LEMBRA A OPOSICIÓN QUE O IMPORTANTE É OFRECER SOLUCIÓNS E REITERA A PETICIÓN PARA QUE PSOE E BNG DEN O SEU APOIO Á PROPOSTA POPULAR SOBRE O PLAN DE EMPREGO NA MARIÑA
• Mañá mércores terán a oportunidade de demostrar no Parlamento co seu voto a favor da iniciativa popular “si están pola vía das solucións ou si polo contrario so intentan aproveitar politicamente a dificil situación pola que pasan estes traballadores de Mondoñedo e Lourenzá”- indica o deputado.
• Balseiro aclara que cando no Parlamento o BNG rexistrou unha inicitiva sobre Muebles Hermida “non quixo nin deu oportunidade ao consenso, e iso a pesar de que nos propuxemos xa daquela este plan de emprego. Os nacionalistas están a tempo de rectificar esta postura inmobilista e sumarse á iniciativa construtiva e positiva que promove o PP”
A Mariña, 27 de decembro de 2011.- Jose Manuel Balseiro lamenta que socialistas e nacionalistas estén molestos, tal e como que demostran coa súa reacción excesivamente crispada, porque sexa o Grupo Parlamentario Popular quen leve a iniciativa en defensa do emprego e da capacidade produtiva da Mariña lucense. Con todo, o deputado popular lémbralle ás forzas da oposición que o importante “non é quen toma a dianteira -neste caso o PP- senón que o importante é ofrecer solucións”. Nesa liña Balseiro reitera a súa petición para que PSOE e BNG den o seu apoio á proposta popular para a posta en marcha dun plan de emprego na comarca. “Eso é o que nos están a esixir os veciños: unidade e capacidade de reacción en defensa do emprego e da recuperación produtiva da Mariña lucense e iso é o que pretendemos aprobar mañá no Parlamento a ser posible co apoio de todas as forzas políticas”-dixo o deputado.
Jose Manuel Balseiro asegura que PSOE e BNG terán a oportunidade mañá, no transcurso do deabate da iniciativa parlamentaria que se abordará na Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento de Galicia “de demostrar co seu voto a favor si están pola vía das solucións ou si polo contrario so intentan aproveitar politicamente a dificil situación pola que pasan os desempregados e nomeadamente os traballadores de Mondoñedo e Lourenzá”. Animoulles a abandonar estratexias partidistas de curto percorrido e nula utilidade e sumarse ao consenso que supón a iniciativa construtiva que promove o Grupo Parlamentario Popular.
O deputado popular tamén explica que existe un texto posterior ao rexistro da iniciativa parlamentaria que podería servir de base para o consenso. En concreto fala do acordo adoptado por unanimidade no Pleno Municipal do Concello de Mondoñedo o pasado 10 de decembro. Nel tamén se lle insta ás administracións competentes ( Xunta de Galicia, Deputación e Estado ) a formular un plano de desenvolvemento industrial con apoio público para contribuir á dinamización económica da comarca e, nomeadamente, dos concellos de Mondoñedo e Lourenzá. O PP estaría disposto a asumir tamén esta proposta de contar co voto favorable de PSOE e BNG en Santiago tal e como fixeron en Mondoñedo.
ERE MUEBLES HERMIDA
Jose Manuel Balseiro tamén queixo aclarar que cando no Parlamento o BNG rexistrou unha inicitiva sobre Muebles Hermida “non quixo nin deu oportunidade ao consenso, e iso a pesar de que nos propuxemos xa daquela este plan de empleo. Están a tempo de rectificar esta postura inmobilista e sumarse á iniciativa que promove o PP”. Balserio lembra que o PP coincidía ao 90% coa proposta de acordo que propoñía o BNG pero non coa parte na que instaba á Xunta a rexeitar o expediente de regulación de emprego desta fábrica de mobles, xa que como os populares explicaron, o rexeitamento dun ERE non depende da vontade política do gobernante de turno senón de criterios técnicos e obxectivos, de índole fundamentalmente económica. Balseiro pídelles aos nacionalistas que fagan memoria porque tamén o bipartito na Xunta aprobou un gran número de EREs e eso non signfica que estean a favor de que ninguén perda o seu posto de traballo e se dispoñeran dunha varita máxica contra o paro xa a terían empregado daquela


















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



