Nota de prensa
Os abaixo asinantes concelleiros do Concello de Foz e integrantes de UNIFOZ e PSdeG-PSOE ao amparo do establecido no artigo 46.2 a) da Lei Reguladora de Bases de Réxime Local , e no exercicio do Dereito Fundamental, recollido no artigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elixidos nas eleccións por sufraxio universal.
EXPOÑEMOS:
Que o emprego, segundo os datos publicadas nos último barómetros do CIS e a maior preocupación do veciños.
Que no Concello de Foz ao longo do presente ano son preto de 700 persoas as que se encontran en situación de desemprego, e que o futuro indica que a cifra está en claro ascenso, sendo a maioría dos desempregados/as maiores de 25 anos (+- 650 persoas), dos que máis do 50 % son mulleres, supoñendo estes datos preto dun 15 % sobre a poboación que se encontra en idade de incorporación ao mercado laboral.
Que a Corporación Municipal non pode ser pasiva ante esta situación, e son necesarias políticas activas de emprego para amortiguar esta situación a curto prazo, así como aplicar medidas de estímulo empresarial para atallar o problema a medio prazo.
É necesario pois a urxente posta en marcha dun PLAN DE EMPREGO, no que se contemple varios aspectos fundamentais:
1. Posta en marcha de actividades de formación orientadas á demanda do mercado laboral.
2. Reorganización do funcionamento da Bolsa de Emprego Municipal.
3. Posta en marcha dun obradoiro de emprego, para a realización de proxectos de interese municipal que xeneren riqueza para o futuro do noso pobo.
4. Convocatoria de prazas de carácter temporal – eventual por circunstancias da produción, para reforzar servizos municipais cunha duración determinada ao servizo a realizar. (Axuda no Fogar, xardinería, limpeza, albanel…….técnico deportivo)
5. Posta en marcha de locais e servizos para estímulo a emprendedores, con asesoramento administrativo e xurídico.
6. Posta en marcha de plan de emprego para xóvenes con titulación para inserción no mercado laboral mediante contrato en prácticas e convenios con empresas da comarca.
7. Elaboración de bases de selección nas que se contemple, a antiguedade en desemprego e a situación socio –familiar.
8. Deseño de plan de acción para estimular a instalación de novas empresas no polígono Industrial de Fazouro.
Por todo o anteriormente exposto, SOLICITAMOS A CONVOCATORIA DUN PLENO EXTRAORDINARIO, no que se inclúa como punto do orde do día o seguinte:
– Deseño, elaboración e consignación orzamentaria dun PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL onde se contemplen as medidas expostas para o ano 2012
– Constitución dunha comisión formada por representantes dos grupos políticos da corporación para deseño, elaboración e seguimento do PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL.




















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



