Nota de prensa
O CONCELLO ADXUDICOU EN 350 EUROS SETE RESES EQUINAS NA PRIMEIRA POXA PÚBLICA QUE SE CELEBROU NO SALÓN DE SESIÓNS.
Ribadeo, 16 de decembro de 2011. O Concello adxudicou en 350 euros sete reses equinas na primeira poxa pública que se celebrou no salón de sesións. Á subhasta só se presentou un comprador, segundo daba a coñecer este mediodía o concelleiro de Facenda e Medio Rural, Vicente Castro.
O edil nacionalista dixo que “esta mañá celebróuse a primeira poxa pública de reses mostrencas que ten por escenario o Concello de Ribadeo. Os cabalos foron apreixados no monte Mondigo e no seu entorno despois de causar cuantiosos danos durante meses nas leiras de Covelas, Noceda, Vilar, etc”.
Vicente Castro sinalou que “na primeira subhasta cada res saía cun prezo de partida de 175 euros e quedou deserta, na segunda o prezo por cabeza foi de 100 euros e tamén quedou deserta e na terceira e última cun prezo mínimo de 50 euros foron adxudicados os sete cabalos ao único subastador que acudiu á poxa”. O concelleiro de Facenda e Medio Rural manifestou que “estes cartos non cubren os gastos de coste que para o Concello tivo a captura e a alimentación destas reses durante todos estes días, pero canto máis tempo as tivésemos o gasto aínda sería maior. O Concello perde uns 1.500 euros nestas reses, pero é o que hai”. Castro explicou que “a nosa labor non é subastar reses senón resolver problemas e non tivemos máis remedio que saír adiante desta maneira para resolver o problema que nos caeu enriba”.
O concelleiro do BNG considera que “a Xunta tamén debe tomar medidas ou debe lexislar xa que a normativa en vigor para este tipo de reses mostrencas data do ano 1905 e isto ten que cambiar e así o levaremos a onde proceda para que isto cambie e se dea un maior control sobre as reses mostrencas que andan soltas polos montes deste país”.
Vicente Castro lembrou que “nos queda outro lote de seis reses equinas, que foron capturadas con posterioridade. Aquelas persoas que resultaren ser propietarias das mesmas poderán comparecer no Concello reclamándoas no prazo de 15 días a partir do seguinte ao da publicación do bando asinado polo alcalde no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Unha vez venza este prazo e se non se reclaman procederemos a realizar unha nova poxa pública. Agardamos que o Concello quede liberado deste problema e que non volte






















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



