Nota de prensa
A Deputación intensifica a implantación e o uso das TICs nos Concellos cun novo contrato de 3,7 millóns de euros
– Son fondos da Unión Europea para incrementar os 154 trámites coa administración mediante a Rede, crear novas páxinas web municipais, seguir levando a banda longa ás Casas Consistoriais, formar ós cidadáns e impulsar proxectos tecnolóxicos empresariais
– Martínez avanzou que só se rexistraron 3 leves incidencias en vías da Fonsagrada e O Valadouro polo temporal, mantendo aberta ó tráfico a totalidade da rede viaria provincial
– A institución mantén despregado un dispositivo de 30 operarios e 15 vehículos para atender os problemas que se ocasionen nos 4.200 quilómetros baixo a súa responsabilidade
O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, avanzou que a Xunta de Goberno aprobou hoxe un prego por valor de 3,7 millóns de euros, procedentes de fondos europeos, para a contratación de máis medidas que intensifiquen a implantación e o uso das novas tecnoloxías na provincia, combatendo a fenda dixital. Son actuacións emarcadas dentro do Innova-TE 2, o programa tecnolóxico dotado dun total de 15 millóns de euros, cofinanciado nun 70% da Unión Europea e nun 30% pola Deputación. Unha vez que, nos vindeiros días, este anuncio se publique no Perfil do Contratante, no Diario Oficial da Unión Europea, no Boletín Oficial do Estado e no Boletín Oficial da Provincia, garantindo a máxima transparencia do proceso, todas as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas.
As entidades que concorran a este contrato deberán plantexar propostas que cumpran os seguintes requisitos mínimos establecidos pola institución provincial:
– Incrementar e consolidar as ferramentas tecnolóxicas na administración, impulsando o seu cambio mediante as TICs. Isto conleva aumentar os trámites coa administración mediante Internet. Ata o de agora, implantáronse 154 procedementos co Innova-TE na Deputación e nos 49 Concellos que, de xeito voluntario, se sumaron a este proxecto. Por exemplo, inscripcións no padrón municipal, solicitudes de subvencións ou licencias de obra, así como pagos de taxas, entre outros. Supón ademais, crear as páxinas web dos Concellos e mellorar as 37 xa habilitadas en colaboración cos municipios, así como continuar achegando a banda longa ás Casas Consistoriais da que xa dispoñen 47 Concellos.
– Aumentar as medidas de formación e sensibilización coas novas tecnoloxías. Os traballadores públicos recibirán nova formación in situ sobre a administración electrónica para garantir o seu funcionamento. Tamén se porán en marcha novas accións dirixidas ós empresarios e cidadáns en xeral para fomentar o uso e as vantaxes das TICs.
– Mellorar a competitividade empresarial mediante o uso das TICs, creando novos proxectos tecnolóxicos e fomentando a economía da provincia.
Mantemento de Km0 e 3.000 empregos ata 2013
Martínez avanzou que a Deputación garantirá a continuidade de Km0 ata 2013 cos fondos europeos. E é que os 6,5 millóns de euros, cofinanciados nun 70% pola Unión Europea, que a institución provincial inviste na segunda parte de Lug02, a programación na que, precisamente, se inclúe Km0, está permitir realizar trámites imprescindibles como o aprobado hoxe pola Xunta de Goberno para seguir xerando riqueza na provincia mediante o medioambiente, “a nosa oportunidade económica”. Deste xeito, a sesión acordou iniciar o proceso de contratación do servizo de transporte de Km0 para os vindeiros 2 anos por un valor de 488.820 euros. O voceiro explicou que nos vindeiros días publicarase este anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no Perfil do Contratante para que, posteriormente, todas as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas. “Con esta próxima adxudicación, contribuímos ó mantemento das 127 rutas guiadas por todos os Concellos lucenses e dos 3.000 postos de traballo que corresponden ós proveedores desta iniciativa, é dicir, ós autónomos, comerciantes, artesáns, hostaleiros ou mesmo empresarios como a empresa adxudicataria do servizo de transporte que colaboran, xunto á Deputación, no desenvolvemento desta exitosa iniciativa”, setenciou. Preto de 30.000 persoas participaron en Km0 dende a súa posta en marcha hai 4 anos, máis de 4.000 fixéronno nesta última tempada, iniciada no mes de setembro e na que se incluíu a modalidade de pago (5 ou 8 euros) co fin de garantir a súa permanencia. Outras tantas enchen a lista de espera.
Obras e emprego
A Xunta de Goberno aprobou ademais, achegar 100.967 euros ó Concello de Pedrafita do Cebreiro para realizar obras de mellora no contorno do río Cao Navia e a Ruta dos Muíños. As actuacións consisten na demolición dos muros de bloque situados nos accesos á ruta dende a estrada da localidade, e na construción duns novos, con pedra tradicional da zona e cunha altura mínima de 1 metro, en todos os camiños de acceso á zona. Tamén acordou, prorrogar un convenio de colaboración coa Asociación de Comerciantes e Industrias de Palas de Rei (ACIPA), dotado de 38.000 euros, permitindo ampliar durante 6 meses un contrato laboral creado, precisamente, mediante este convenio hai medio ano. Deste xeito, este traballador seguirá prestando servizos para este colectivo, integrado por un cento de empresarios palenses de todos os sectores. Xunto a el, seguirán traballando para ACIPA as outras 2 persoas contratadas, neste caso por un ano, tamén con este convenio coa que a Deputación favorece a creación de emprego, ó tempo que impulsa o tecido empresarial, co fin último de frear o despoboamento demográfico no rural.
Por último, aprobáronse as contas xustificativas de 13 obras do Plan de Comunidades Veciñais, executadas nos Concellos de Baleira, A Fonsagrada, Guitiriz, Lugo, Monforte de Lemos, Páramo, Pedrafita, Pobra do Bollón, Portomarín, Sober, Ribadeo e Xermade, por un valor total de 151.881 euros, dos que a Deputación achegou 107.452 euros, é dicir, máis do 70%.
Temporal
O tamén Deputado de Xestión Territorial adiantou que a institución mantén despregado un dispositivo composto por 30 operarios e 15 vehículos para atender os problemas que poidan ocasionarse na rede viaria provincial con motivo do temporal de vento. Este equipo, posto en marcha polo Goberno provincial en 2010, está a atender, de xeito inmediato, as incidencias rexistradas nas estradas provinciais. Mostra delo, Martínez avanzou xa están solventadas as leves incidencias de caracter puntual acontecidas ata o momento. Estas foron as seguintes: desprendemento de terra na CP 1903 e caída dunha árbore na CP 1904, ambas as dúas na Fonsagrada; así como outro desprendemento na CP 0101 no Valadouro. O Deputado destacou que as continúas actuacións de conservación e limpeza de estradas desenvoltas dende 2007 están a contribuír a que a Deputación manteña aberta ó tráfico a totalidade dos máis de 4.200 quilómetros baixo a súa responsabilidade.




















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



