Nota de prensa
Despois de case seis meses de goberno do PP en Foz, temos que seguir calificando como SUSPENSO, e por conseguinte seis meses perdidos na xestión do noso Concello.
Sen iniciativa, sen diálogo, incumprimento da lei, abuso de autoridade, e falta de consideración cos grupos da oposición, xustifican o anterior calificativo.
UNIFOZ, quere dicirlle ao PP de Foz, e de forma máis particular ao E. Goberno que si as cousas non saen a diante nos Plenos é porque este goberno non sabe gobernar.
Gobernar é :administrar, consensuar, organizar….. e estes Srs. non o están a facer.
Adícanse a traer ao Pleno propostas das empresas concesionarias e cargarlle máis impostos aos cidadáns como si a única preocupación deste goberno fora ter máis cartos a costa de subir impostos sen máis, coa finalidade de privatizar servizos (cursos manualidades, xardinería, limpeza aceras…..).
O PP de Foz, so busca sete votos para aprobar as súas propostas, pero non quere diálogo ni consenso político.
UNIFOZ, considera que as empresas concesionarias teñen dereito a reclamar a regularización dos prezos dos servizos, pero esas peticións deberán estar contrastadas por informes técnicos municipais, e despois facer o que corresponda.
Para que quere o E.Goberno máis ingresos???
Como é posible que digan que non hai cartos no Concello e que lle preocupa pagar aos provedores e despois contrate a dedo por 43.000 € unha empresa de fora do Concello para traballos de xardinería, ou unha tamén de fora do Concello para limpar as beirarrúas mentres os traballadores do Concello están limpando a capela da Espiñeira.?
Non sería máis fácil organizar a plantilla municipal para facer eses traballos, tendo en conta que hai case 70 persoas traballando no concello dos que tres son xardineiros, por exemplo….
Como é posible que diga que non hai cartos e na organización das festas deixe un déficit estimado de 60.000 € (aínda que non o podemos saber realmente porque non nos foron entregadas as contas despois de fai máis dun mes que as pedimos).
O Concello de Foz, necesita un proxecto económico sostible económicamente e iso chamase ORZAMENTOS MUNICIPAIS, onde se contemplen máis ingresos, pero en especial CONTENCIÓN DO GASTO, aforro enerxético en edificios públicos, alumeado despois da media noite….
Uns Orzamentos, onde se recollan a modificación de taxas como a da auga, a do lixo, a dos bados…….pero tamén necesita un plan de aforro, e necesita un plan de inversión que marque unha dirección a este pobo, a onde queremos ir, no eido do comercio, turismo, e de servizos municipais….
Uns Orzamentos con consenso, e onde figure claramente o fortalecemento dos servizos para as persoas que máis o necesitan.
O Sr. Castiñeira quere un cheque en branco, quere ter máis ingresos con máis impostos aos cidadáns aínda que non teñan debidamente xustificados para ter máis crédito e gastar ao seu antoxo e para iso necesita 7 concelleiros do PP, para iso necesitaba sacar nas pasadas eleccións municipais o mesmo resultado que sacou o Sr. Rajoy en Foz, pero como iso non é posible, pois terá que gobernar con algún grupo da oposición queira ou non queira.
UNIFOZ, dixo dende o primeiro día estar en disposición de axudar a gobernar, como o demostra que en seis meses de lexislatura presentou en pleno 19 iniciativas, 19 ideas e propostas para traballar por Foz.
A postura de UNIFOZ no pasado pleno xa coñecida polo E.Goberno antes do mesmo, foi contraria a do E.Goberno nos seguintes apartados:
-Préstamo ICO de 335.000 €, pois entendemos que iso é empeñar máis o Concello (44.000 €) e entendemos que o novo goberno do PP dixo que sacaría un mellor crédito para os concellos, e temos que engadir o que di o informe de intervención:
“…esta operación de crédito ….non soluciona o problema de fondo que se manifesta nas dificultades de tesourería,….Simplemente outorga un parche de liquidez…..e que, se non se toman medidas concretas de redución e control do gasto superfluo sobre todo de natureza corrente e/ou medidas para incrementar os ingresos, non servirá de nada”
-Taxa saneamento, entendemos que hai que tentar de que a colla a Xunta igual que no Valadouro, pois é esta a que deseña e instala as depuradores, e tamén que ten que controlar o bo funcionamento, e si non se consigue,: haberá que negociar coa empresa para tentar de mellorar as condicións e que iso poda supoñer unha taxa menor para os veciños.
Prezo de auga +20%, entendemos que non están debidamente xustificados todos os argumentos, e segundo os informes técnicos, entendemos tamén que a empresa ten menos mantemento, pois a rede é case toda nova, en todo caso o lóxico podía ser aplicar ese 20% a dous anos para os veciños.
Prezo de Piscina polo Spa + 10%, entendemos que o SPA, non pode supoñer máis prezo para todos os usuarios da piscina, tería que recaer nos que utilizan o Spa, e en todo caso o informe creo non está ben feito,nin contrastado polos técnicos municipais………..
Tamén merece mención especial, a proposta que UNIFOZ fixo en defensa dos intereses dos veciños de San Acisclo, e de forma particular en contra dunha decisión unilateral do Alcalde encontra da opinión xeral dos veciños instalando unha marquesiña irregularmente.
UNIFOZ, tamén quere clarificar ante os cidadáns que UNIFOZ non é Jaime Cancio, e que unha cousa é que o Sr. Rivera e J. Cancio tiveran dificultades de entendemento no pasado, e outra é que o PSOE e UNIFOZ, podan chegar a acordos puntuais no futuro.
Un programa para Foz, preto de 1.300 votos, 16 persoas dunha lista en sentido horizontal é un G.M. formado por Ana López, Ángeles Veiga, e Jaime Cancio.,….isto todo é UNIFOZ, a as súas decisións son e serán pensando no presente e no futuro de Foz.
A este E. Goberno parece que lle queda moi grande gobernar o concello de Foz, tanto en iniciativa como en organización, pero sobre todo en CONSENSO e DIÁLOGO político, pois goberna en forma de martelo, e neste apartado, sería bo que tomara nota doutros concellos da comarca que aínda que non teñen maioría si son quen de consensuar e avanzar.
UNIFOZ, tamén anuncia, que está disposto a acudir aos tribunais en caso de que este goberno siga incumprindo o que di o ROF (R.D.2568/1986) de entregarnos a documentación solicitada en tempo e forma, ou ante o incumprimento de acordos plenarios.
PPlenos
DATA DE PLENO | ACORDOS PLENARIOS | REALIZADO | ROGOS PRESENTADOS | REALIZADO |
28-Xullo-2011 | Moción:Lugo-emprega | Plan emprego municipal | ||
29-Sept.-2011 | Moción:proxecto cruce carretera Cangas/Ferreira | Atención ciudadana viaria | ||
29-Sept.-2011 | Moción:remate obras Avd.Vicedo | Aparcamento discapacitados centro de saúde | si | |
29-Sept.-2011 | Moción:reparación de camiños em Mansín,Veiga da Sara,do Pereiro ou da Fiallega | Reponer duchas praia da Rapadoira | si | |
29-Sept.-2001 | Moción:mellora acceso carretera cemiterio | Plan de limpeza viaria | ||
25-Outubro-2011 | Moción:beirrarúa ou arcén carretera Vilaronte/Espiñeira | Aparcamento discapacitados na c.cultura,c.social e cenima | ||
25-Outubro-2011 | Moción:limpeza do cauce e entorno do Río Ouro | Repoñer cartel nas Areosas(Vilaronte) | ||
25-Outubro-2011 | Moción:cambio da partida da Deputación para proxecto da residencia de maiores | Tomar medidas para que haxa caudal de auga na Barrosa(Nois) | ||
24-Novembro-2011 | Moción:Instar a Xunta a realizar um plan de actuación para a Frouxeira e os Castros de Fazouro | Cambiar a marquesina en S.Acisclo | ||
24-Novembro-2011 | Moción:Instar a Xunta a ampliar a partida para axuda no fogar | Solicitar reunión de novo côa conselleira de sanidade | ||
24-Novembro-2011 | Moción:Instar a Xunta a fortalecer a área sanitária e dotala de mellores servizos | Rogar a delegación de cultura mellor organización nos cursos | ||
24-Novembro-2011 | Moción de urxencia:Instar a Xunta para solicitar a cesión do terreo en San Acisclo para ser empregado como lugar de lecer para os veciños |
DATA DE PLENO | ACORDOS PLENARIOS | REALIZADO | ROGOS PRESENTADOS | REALIZADO |
28-Xullo-2011 | Moción:Lugo-emprega | Plan emprego municipal | ||
29-Sept.-2011 | Moción:proxecto cruce carretera Cangas/Ferreira | Atención ciudadana viaria | ||
29-Sept.-2011 | Moción:remate obras Avd.Vicedo | Aparcamento discapacitados centro de saúde | si | |
29-Sept.-2011 | Moción:reparación de camiños em Mansín,Veiga da Sara,do Pereiro ou da Fiallega | Reponer duchas praia da Rapadoira | si | |
29-Sept.-2001 | Moción:mellora acceso carretera cemiterio | Plan de limpeza viaria | ||
25-Outubro-2011 | Moción:beirrarúa ou arcén carretera Vilaronte/Espiñeira | Aparcamento discapacitados na c.cultura,c.social e cenima | ||
25-Outubro-2011 | Moción:limpeza do cauce e entorno do Río Ouro | Repoñer cartel nas Areosas(Vilaronte) | ||
25-Outubro-2011 | Moción:cambio da partida da Deputación para proxecto da residencia de maiores | Tomar medidas para que haxa caudal de auga na Barrosa(Nois) | ||
24-Novembro-2011 | Moción:Instar a Xunta a realizar um plan de actuación para a Frouxeira e os Castros de Fazouro | Cambiar a marquesina en S.Acisclo | ||
24-Novembro-2011 | Moción:Instar a Xunta a ampliar a partida para axuda no fogar | Solicitar reunión de novo côa conselleira de sanidade | ||
24-Novembro-2011 | Moción:Instar a Xunta a fortalecer a área sanitária e dotala de mellores servizos | Rogar a delegación de cultura mellor organización nos cursos | ||
24-Novembro-2011 | Moción de urxencia:Instar a Xunta para solicitar a cesión do terreo en San Acisclo para ser empregado como lugar de lecer para os veciños | |||
ESCRITOS
17-Novembro-2011 | Solicitamos se proceda ao cambio de emprazamento da mencionada marquesiña | |
27-Novembro-2011 | Solicitamos copia do listado maior do rexistro do Concello donde se recollen entradas e saídas de documentos do 20 de Setembro 2011 ao 27 Setembro 2011 | |
27-Novembro-2011 | Solicitamos:-Copia do proxecto de acondicionamento e mellora de espazos verdes redactado por Vanesa Iglesias.-Copia informe jurídico 11 Novembro sobre contrato de obra redactado por Vanesa Iglesias.-Copia de oferta realizada por Tecnixardín.-Copias de ofertas doutras empresas para mellora dos espazos verdes.-Copia de informe de intervención data 14 Novembro de reparos em facturas IG 10 Sports.Copia de intervención data 11 de Outubro.-Copia de intervención data 26 de outubro de reparo em nominas.-Copia de intervención datas:25 de outubro,30 de setembro,23 de agosto,6 de outubro e 13 de outubro.-Copia de notificaciónpola conselleria de médio rural,dirección xeral de desenvolvemento |