Nota de prensa
A COMISIÓN PRO RESIDENCIA MANTERÁ ÁS 18 HORAS UN ENCONTRO NO CONCELLO CO VICEPRESIDENTE PRIMEIRO DA DEPUTACIÓN DE LUGO, ANTONIO VEIGA.
Ribadeo, 30 de xaneiro de 2012. A comisión pro residencia da terceira idade en Ribadeo manterá unha xuntanza esta tarde a partires das 18 horas co vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo e responsable da Área de Benestar Social, Antonio Veiga. Será no salón de plenos do Concello de Ribadeo.
Este encontro é continuación da rolda de contactos que se iniciaba a pasada semana coa entrevista mantida coa delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, en San Cibrao.
Da comisión pro residencia forman parte o alcalde, Fernando Suárez; a concelleira de Saúde e Servizos Sociais, Teresa González; representantes dos partidos políticos que forman parte da Corporación Municipal e un representante da plataforma de asociacións veciñais.