Nota de prensa
ADELA RODRÍGUEZ CRITICA AS ACUSACIÓNS REALIZADAS DESDE O PSOE LOCAL SOBRE OS SACOS REPATIDOS POLO CONCELLO PARA A RECICLAXE E RECOLLIDA DO VIDRO. A EDIL POPILAR DIXO QUE A EMPRESA Á QUE PERTENCEN PECHOU HAI NOVE ANOS E SUBLIÑOU QUE NUNCA USOU NIN USARÁ O CONCELLO EN BENEFICIO PROPIO.
Barreiros, 5 de enero de 2012. A concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, critica as acusacións realizadas nas últimas horas desde o PSOE local sobre o sacos repartidos polo Concello para a recollida e a reciclaxe do vidro en Barreiros. A edil popular di que “eses sacos son dunha empresa que pechou por enfermidade hai 9 anos e que se ían tirar e por eso se pensou en darlles unha utilidade”. Adela Rodríguez asegura que “nunca usou nin usará o Concello en beneficio propio” e lembra as horas que adica á actividade municipal dun xeito totalmente gratuito e desinteresado.
A edil popular asegurou que “o primeiro que pensei ao ver a información que onte recollía algún medio de comunicación foi que a ignorancia é moi atrevida. Parece mentira que uns veciños de Barreiros, como son eses membros do PSOE local, non saiban as empresas que hai no concello. A empresa que nombran pechou por enfermidade hai nove anos, pero polo que parece Carmen e Miguel, que viven a seis kilómetros de onde estaba situada non están enterados, sendo a zona onde eles viven onde nós traballabamos todo o ano”.
Adela Rodríguez recoñeceu que “esa empresa era desta concelleira, pero nunca usei nin usarei o Concello en beneficio propio. Tamén lle digo que é ela sola a que non sabe que son moitas as horas que fago gratis no Concello en distintas actividades, incluso como voluntaria de asuntos sociais. Que non se preocupe tanto esta persoa nin se nombre como membro do PSOE en Barreiros, xa que esas noticias equivocadas non axudan ao partido a mellorar a súa imaxe”.
Sobre a iniciativa de repartir eses sacos entre a poboación para facilitar a reciclaxe do vidro sinalou que “debido á crise que existe todos debemos tomar conciencia e aproveitar todos os recursos posibles. Estes sacos non tiñan unha utilidade prevista e por eso lles buscamos un uso, xa que non todos temos cerca da casa un contenedor de vidro. E desta forma sírvennos de envase para xuntar as botellas de forma limpia e cómoda. Queixámonos dos impostos que se nos cobran, pero non pensamos que Sogama si nós non reciclamos o custe da reciclaxe é maior e terá que repercutir en nosoutros. Por eso desde o Concello, con esta iniciativa, queremos chamar ao sentido común de todos, sendo nós os primeiros en clasificar o lixo seremos tamén os primeiros beneficiarios. A xente que conmigo visitou a planta de Sogama entenderao fácilmente, porque viron todo o proceso”.
Rodríguez engadiu que “ao final ata terei que darlles as gracias a Carmen e Miguel xa que a nosa empresa nunca saira no periódico e con esta nota moita xente a recordará con cariño, dado o afecto que sempre tivemos con todos os nosos clientes e proveedores. E aproveito para desexarlles a todos feliz aninovo”.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



