A RAPADOIRA RECIBE UN ANO MÁIS O GALARDON DE Q DE CALIDADE TURISTICA.
O Alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira recolleu hoxe á mañan, da man do Presidente Feijoo e da Secretaria Xeral para o turismo, Carmen Pardo o Certificado que recoñece novamente á Praia focense de A Rapadoira coa Q de Calidade Turística.
No hotel Augas Santas de Ferreira de Pantón, celebrouse a entrega dos diplomas acreditados da Q de Calidade outorgados polo Instituto de Calidad Turística Española, que garante o Prestixio, a diferenciación, fiabilidade, rigurosidade e promoción por parte da Secretaria do Estado de Turismo e das Comunidades Autónomas para todos aqueles que a ostenten, na que un ano máis a Praia da Rapadoira repite con dita distinción.
Aparte de ser das primeiras praias en obter o galardón da bandeira Azul, a Rapadoira segue mantendo a distinción de Calidade Turística, sendo un referente importante e o estandarte principal da promoción turística do concello de Foz.
O Alcalde, de Foz considera de vital importancia a influencia deste areal na proxección turística da mariña nestes últimos tempos, que xunto con outros areais da costa, e en particular as catedrais que tamén ostenta este galardón, forman parte do patrimonio natural e paisaxístico desta privilexiada comarca.
Castiñeira cree que nestas datas de dificultades o sector Turístico e de servizos será un dos grandes pilares da economía da comarca, xunto co sector primario, agricultura, gandeiría pesca e o sector forestal, ademáis da fabrica de Alcoa e o Hospital da Costa, que son os dous grandes centros de emprego da Mariña.
Prosegue o rexedor focense, dicindo que a integración da comarca mariñan como un dos 14 xeodestinos de Galicia pon de manifesto a necesidade que ten A Mariña de promocionarse como un único destino turistico, capaz de competir con calquera outro produto nacional, chea de innumerables sorpresas, de variedade e colorido, costa e interior, patrimonio historico e cultural, artesania, ocio, etc.. no que por suposto os turistas que se acerquen atoparán, entre outras Xoias a citada praia da Rapadoira.