Nota de prensa
A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, participou na presentación do libro Planteamientos del sector pesquero español a las propuestas para la Política Pesquera Común
A XUNTA CREARÁ DOUS GRUPOS DE TRABALLO PARA PRESENTAR EN BRUXELAS UNHA POSTURA DE GALICIA ÚNICA E CONSENSUADA SOBRE A FUTURA POLÍTICA COMÚN DE PESCA
O obxectivo é dispór no mes de xuño dun documento único para levar ante Europa, do mesmo xeito que se fixo co Libro Verde
A próxima semana a Xunta reunirá aos grupos parlamentarios para preparar un documento coas súas propostas, que se prevé que estea en marzo
As propostas dos grupos parlamentarios trasladaranse ao Consello Galego de Pesca, onde posteriormente se creará outro grupo
Rosa Quintana destacou o rexeitamento do principio de estabilidade relativa como aspecto común entre a Xunta e ARVI ante a nova PCP
Vigo, 11 de xaneiro de 2012.- A Xunta creará dous grupos de traballo para presentar en Bruxelas unha postura de Galicia única e consensuada entre sector, administración e grupos parlamentarios sobre a futura política común de pesca. Así o especificou a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana en Vigo durante a presentación do libro Planteamientos del sector pesquero español a las propuestas para la Política Pesquera Común, da Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo, ARVI. Alí adiantou que a intención é dispor no mes de xuño dun documento único para levar ante Europa, do mesmo xeito que se fixo co Libro Verde.
A conselleira indicou que a próxima semana a Xunta reunirá aos grupos parlamentarios para preparar un documento coas súas propostas, que se prevé que estea en marzo. Estas propostas serán trasladadas ao Consello Galego de Pesca, onde posteriormente se creará outro grupo de traballo. Rosa Quintana sinalou que se traballará seguindo as bases asentadas no documento de análise xurídico e proposta de modificación da PCP, realizado entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Instituto de Estudos Europeos Salvador de Madariaga, no que se abordan os puntos fundamentais das propostas.
Rosa Quintana destacou a importancia da participación de ARVI neste proceso, xa que, lembrou a conselleira, tamén foi participante activo no proceso do Libro Verde e ten voz autorizada do sector pola amplitude e aptitude dos seus representantes e sectores aos que acolle. Neste sentido, salientou que a Xunta comparte moitos dos aspectos do libro presentado por ARVI, que tamén aparecen reflectidos no documento base que elaborou a Consellería e o Instituto Salvador de Madariaga.
Dous aspectos fundamentais
Destes aspectos comúns, Rosa Quintana, destacou o da defensa da igualdade entre os aspectos ambiental, social e económico da actividade pesqueira. Por outra banda, tamén se referiu ao principio de estabilidade relativa. A Xunta valora negativamente que se manteña na proposta europea da futura PCP, xa que constitúe un desequilibrio na xestión e ordenación das pesquerías europeas e é particularmente prexudicial para España. Neste aspecto, destacou a conselleira, a Xunta de Galicia chegará ata as últimas instancias na procura de que a proposta galega sexa tida en conta.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



