Nota de prensa
ADEGA celebra o Día Mundial da Educación Ambiental facendo Educación Ambiental… todo un logro!
26 de xaneiro de 2012, DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL. Os máis de 35 anos de actividade de ADEGA van parellos aos da historia da Educación Ambiental (EA), que iniciouu a súa andaina aló por 1972 coa Declaración de Estocolmo. Foi por esas datas cando decidiuse nomear o 26 de xaneiro como Día Mundial da Educación Ambiental, nun esforzo da comunidade internacional para a preservación e conservación do Planeta. Porén, como sinala a SGEA, ese esforzo está en perigo porque a EA en Galiza está a vivir un alarmante retroceso: Brutal recorte de actividades e recursos; peche e infrautilización de equipamentos públicos; perda de peso da EA no sistema educativo; despedimentos na administración pública e desaparición de empresas; desbaldimento de recursos e falta de coordenación entre administracións… Por iso, no Día Mundial da Educación Ambiental ADEGA propón afortalar mais ca nunca, fronte á inacción da Xunta, o papel dos colectivos sociais na difusión da EA.
ADEGA leva a cabo diversos programas de Educación Ambiental dende o ano 2000. Esta liña de actuación tense consolidado e arestora é unha das áreas prioritarias para ADEGA, con numerosos programas en diversos eidos e unha equipa de traballo adicada a deseñalos e realizalos.
A Educación Ambiental dende o ecoloxismo é unha realidade no amplo campo que ofrece esta disciplina de acción socio-educativa. No Libro Blanco de la Educación Ambiental en España (MMA, 1999) recoñécese o papel que desempeña este movemento social cando se afirma que “…hai que destacar o papel das asociacións conservacionistas e ecoloxistas na xeración de conciencia e de corresponsabilidade da poboación na mellora ambiental…”.
Por outra banda a actualmente esquecida Estratexia Galega de Educación Ambiental (EGEA) vai máis aló ao atribuírlle ao ecolox
ismo unha estratéxica función dentro desta disciplina como xerador de alternativas, “…un labor importante na sensibilización do público, na denuncia diante do conxunto da poboación das problemáticas locais, rexionais e globais máis evidentes e na presentación de posibles alternativas para a súa solución” (Xunta de Galiza,1999). ADEGA recolleu este desafío e decidiu promover programas e proxectos para artellar alternativas a diferentes problemáticas ambientais.
Porén, ADEGA entende que a EA non debe ser un fin en si mesma. O actual exceso de información e publicidade sobre temas ambientais está a conducir á trivialización da problemática ambiental e ao uso das actividades de EA como un medio para o lavado de imaxe de entidades privadas e públicas. Neste contexto, a actuación dos colectivos ecoloxistas continúa sendo esencial, sexa tanto para chegar á verdadeira raíz dos problemas como para evitar que a EA se converta nunha fin en si mesma. Manter e impulsar unha visión crítica, innovadora e participativa na EA segue a ser un dos principais obxectivos do ecoloxismo, e a alternativa fronte ao desleixo da Xunta.
Desde esta perspectiva, durante esta semana, en especial este xoves 26 será pois unha xornada de traballo normal para as educadoras e os educadores ambientais de ADEGA, porque entendemos que esa é a mellor maneira de celebrar o Día Mundial da Educación Ambiental. Nesta xornada realizaremos as seguintes actividades enmarcadas nos seus respectivos proxectos:
Programa de compostaxe caseira: As educadoras de ADEGA realizarán as ultimas visitas do programa de compostaxe caseira de Santiago de compostela e seguirá co Programa de compostaxe de Poio (compostaxe caseira e compostaxe comunitaria).
Proxecto UDC: Realizarase co grupo de bolseiros da Oficina de Medio Ambiente da UDC unha inspección polo campus para localizar especies invasoras, esta inspección é un dos pasos previos para a mesa redonda e a xornada de voluntariado ambiental na UDC que se celebrarán na universidade o día 31 de febreiro e 1 de marzo.
Proxecto Ríos: Realizarase unha saída formativa no río Sarela en Santiago de Compostela cos alumnos da UNED de Ciencias Ambientais, para ensinarlles a metodoloxía e as ferramentas necesarias para realizar unha inspección de río.
Programa de Educación Ambiental
O CPI Monte Caxado d’As Pontes, volve participar no Programa xeral de educación ambiental nesta ocasión traballando as enerxías renovables.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



