Nota de prensa:
HOXE DA COMEZO A SEGUNDA FASE DA CAMPAÑA PRESUME DE PRACEIRO E PRACEIRA NO MERCADO MUNICIPAL DE RIBADEO. O DÍA 20 DE XANEIRO TERÁ LUGAR O NOVO SORTEO DE VALES DE DESCONTO.
Ribadeo, 9 de xaneiro de 2012. Hoxe da comezo a segunda fase da campaña Presume de praceiro e praceira, que organizan o Concello de Ribadeo e a Xunta de Galicia.
A concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez, explicou que “desde hoxe, 9 de xaneiro, e ata 20 deste mes terá lugar a segunda fase da campaña Presume de praceiro e praceira, na praza municipal de abastos de Ribadeo. Os clientes recibirán, igual que na fase anterior, un cupón por cada compra e o día 20 será o sorteo de vales de de desconto por importe de 75, 50 e 25 euros respectivamente, que poderán gastar ata o 28 de febreiro na propia praza de abastos”.
A edil nacionalista subliñou que “a fase anterior tivo un éxito importante e moi boa acollida entre os clientes do mercado de abastos” e engadiu que “con estas campañas o que pretendemos é potenciar eses produtos da calidade e de proximidade que están nos nosos mercados e que os clientes valoran e mercan pola súa propia calidade”. Ana Martínez animou á xente “a que se achegue ao mercado municipal de Ribadeo a que fagan uso e consumo de produtos galegos. Van atopar unha ampla variedade na nosa praza de abastos”.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.