Nota de prensa
O VINDEIRO LUNS COMEZAN NA RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE DE BURELA AS ACTIVIDADES DE LECER E TEMPO LIBRE QUE O CONCELLO ORGANIZA PARA OS MAIORES EXTERNOS A ESTE CENTRO, QUE ANTES ACUDÍAN A UN LOCAL ALUGADO POLO BIPARTITO.
Burela, 7 de xaneiro de 2012. O vindeiro luns, 9 de xaneiro, comezan na residencia da terceira idade de Burela as actividades de lecer e tempo libre que o Concello organiza para os maiores externos a este centro, aínda que tamén se poderán beneficiar delas os residentes.
A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, agradece “a boa disposición da dirección da residencia da terceira idade para albergar estas actividades (xadrez, parchís, cartas, etc…), que anteriormente se desenvolvían nun local alugado polo anterior equipo de goberno. Dito aluguer e o mantemento das instalacións supoñía un gasto duns 10.000 euros ao ano”. Durán explica que “agora eses 10.000 euros que aforramos ao non contar con ese local destinámolos a custear unha parte dos cursos e actividades para os nosos maiores. Estas persoas que antes se reunían e disfrutaban destas actividades nesas instalacións foron reubicadas polo Concello na residencia da terceira idade de Burela”. A edil popular tamén tivo palabras de agradecemento para a xefatura territorial de Traballo e Benestar “por axilizar todos os trámites realizados co fin de poder desenvolver estas actividades na residencia da terceira idade de Burela”.
Diana Durán asegura que “o obxectivo desta medida é optimizar os recursos existentes e abrir os equipamentos á comunidade, algo que supón un dobre beneficio para unha parte e para a outra”.
A edil insiste en que “non se trata en ningún momento de aforrar por aforrar e menos con aqueles colectivos con necesidades específicas, senón todo o contrario, trátase de non despilfarrar e facer unha boa xestión dos poucos recursos económicos cos que se conta na actualidade. Carecer de cartos, contantes y sonantes, non debe de ser unha barreira para xestionar, aínda que ninguén pon en dúbida que é moito máis difícil. Un exemplo claro da nosa política en materia de servizos sociais é que con moito menos diñeiro poñemos en marcha moitos máis programas e atendemos a un maior número de persoas: na actualidade a Concellería de Servizos Sociais ten previstas outras moitas actividades para os maiores de Burela”.
Tanto é así que volta co novo ano o programa de estimulación cognitiva e prevención da dependencia chamado Dálle vida aos teus anos, do que se beneficiarán arredor de 90 persoas. O pasado 3 de xaneiro deu comezo a inscrición á ximnasia preventiva da que están a disfrutar 100 persoas maiores e que a novidade será a súa impartición de forma continua ao longo de todo o ano 2012 e non “con paróns de mínimo 4 meses como se viña facendo co anterior goberno”, así como a ampliación de quendas, podendo atender a un maior número de persoas. Así mesmo, o Concello de Burela conta co servizo de fisioterapia a domicilio, “trátase dun programa complementario da axuda no fogar. As persoas beneficiarias realizan exercizos de ximnasia preventiva e rehabilitadora tanto no centro de día (equipamento dotado de aparellos específicos de rehabilitación) como nos seus domicilios. Tamén será de duración ininterrompida ao longo do ano e cunha maior cobertura de pacientes. Estes dous últimos programas darán comezo a mediados deste mesmo mes de xaneiro, xa que a primeira quincena está destinada a reorganizar ámbolos dous programas, de xeito que as persoas destinatarias poidan acollerse a aqueles horarios que mellor se axusten a cada quen. E contamos tamén con outro programa de apoio á dependencia e atención individual a base de exercizos de estimulación cognitiva, psicomotricidade fina, coordinación espacial e temporal, etc. que ao igual que o anterior realízase no centro de día e nos domicilios das persoas dependentes”.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.