Nota de prensa
O GRUPO FINSA SUBIU AS RETRIBUCIÓNS DOS SEUS CONSELLEIROS UN 81% ANTES DE PRESENTAR O ERE QUE SUPÓN O PECHE DE ECAR.
A CIG VALORA COMA ESCANDALOSA A POSIBLE APROBACIÓN DO ERE DE ECAR, DESPOIS QUE A EMPRESA RECIBIRA 35 MILLÓNS ENTRE 2009 E 2010.
A CIG, diante do peche da factoría de ECAR en Mondoñedo, e ante as negociacións para a extinción laboral dos traballadores e traballadoras da mesma, quere achegar unha serie de reflexións ó respecto.
O peche da factoría de ECAR ó que estamos abocados obedece, ó noso xuízo, a unha mera reorganización e centralización da produción da liña de Mobles e Compoñentes.
A xustificación económica, despois de analizar polo miúdo a documentación que acompaña o ERE, carece de sustento.
A POUCA FIABILIDADE DOS DATOS ECONÓMICOS DE ECAR.
A inviabilidade económica da factoría de Mondoñedo está apoiada por uns datos que non podemos calificar coma fiábeis ou fiel reflexo da realidade, en tanto ECAR ten unha dependencia absoluta do entramado Finsa; Finsa vende a materia prima e Finsa merca o produto final, controlando polo tanto os prezos de entrada e saída do produto, e polo tanto, o beneficio de ECAR.
AS ESCANDALOSAS RETRIBUCIÓNS DOS MEMBROS DOS CONSELLOS DE ECAR E GRUPO FINSA.
Así mesmo, da documentación achegada, despréndense datos que non podemos calificar por menos que escandalosos.
Mentres os gastos de persoal de ECAR, se restamos as remuneracións de alta direción e administración, medraron entre o 2009 e o 2010 nun 3,64% a retribución do Consello e o persoal de alta dirección incrementouse nun 20,11%, chegando a supor un 10,84 dos gastos totais en retribucións da empresa.
Se imos ó Grupo Finsa, non resulta menos escandalosos os datos, xa que mentres os gastos de persoal se reduciron preto do 2%, as retribucións ó Consello medraron nada mais e nada menos que un obsceno 81,24% entre 2009 e 2010.
Estes datos poñen ás claras a perversidade dun sistema que permite, coa complicidade das administracións (a Xunta de Galicia ten aceso ás contas do Grupo que acompañan este ERE) que mentres 62 familias perden o seu sustento e centos de traballadores do Grupo en toda Galiza, se ven abocados a un ERE de suspensión durante 125 días neste ano, uns poucos “elexidos” acumulan capital e se aproveitan das plusvalías xeradas polos mesmos traballadores que deixan na rúa.
A MALA XESTIÓN NA COMPRA DE FAUS COMA CAUSA REAL DA SITUACIÓN DA EMPRESA
Así mesmo, das contas do Grupo, podemos desprender que os resultados do exercicio 2010 que amosa unhas perdas de 23 millóns de euros, son imputábeis na súa inmensa maioría a unha mala xestión na adquisición xunto con Caixa Galicia no ano 2006 da empresa Tableros Faus en Gandía por 195 millóns de euros e que en 2010 tivo que ser provisionada por un importe de 36,9 millóns de euros. Porén, a actividade ordinaria do Grupo Finsa experimentou unha mellora considerábel: a cifra de negocios medrou un 5,3% e os beneficios de explotación un impresionante 202,3% (acadando os 20 millóns de euros, fronte os 6,6 do exercicio precedente)
Entendemos ademais que esta situación foi excepcional, derivada exclusivamente desta adquisición e polo tanto non é estrutural. Queren polo tanto, compensar un erro de xestión e unha pésima inversión, cun axuste brutal que afecta ós preto de 1350 empregados do Grupo, e en especial ós traballadores e traballadoras das factorías de ECAR en Mondoñedo e INAMA en Guernika, que quedaran na rúa tras os respectivos peches.
O ABANDONO DAS ADMINISTRACIÓNS E A ACTITUDE PROEMPRESA DO CONSELLEIRO.
Dende a CIG queremos denunciar públicamente o inmobilismo da Xunta de Galiza neste asunto, traducido nas declaracións do Conselleiro de Industria na recente visita a Mondoñedo e a entrevista co Comité de empresa e a corporación municipal, na que expresou a súa falta de capacidade para intervir nunha “decisión empresarial motivada pola mala situación económica do Grupo e pola falta de viabilidade de ECAR”. Estas declaracións, poden denotar dúas cousas: ou ben a Xunta de Galiza non examinou cun mínimo rigor as contas do Grupo que sustentan os EREs presentados, ou ben hai unha complicidade absoluta con estes feitos, en calquera dos casos resulta francamente escandaloso.
SUBVENCIÓNS POR IMPORTE DE 35 MILLÓNS NO 2009 E 2010.
Neste senso, e tamén según se desprende dos datos da documentación económica, temos que chamar a atención sobre o feito de que Finsa ingresou por subvencións durante o ano 2009 a cifra de 20 millóns de euros e no 2010 a cantidade de 15 millóns.
35 millóns de euros públicos, non son capaces de asegurar o mantemento dos postos de traballo nun Grupo que facturou preto de 770 millóns de euros no ano 2010, un 5,15% mais que no 2009.
A NOSA VALORACIÓN DA SITUACIÓN ACTUAL
Ante a meridiana claridade destes dados resúltanos cando menos sorprendente que non se contemple dende a empresa outra solución que non sexa o peche da fábrica e que dende a Xunta de Galiza se xustifique o mesmo. Agardamos que a saída á luz pública desta información remova algunha conciencia e que, se ben o peche parece xa inevitable, cando menos este se faga nas mellores condicións económicas e sociais para as traballadoras e traballadores da fábrica mindoniense.























Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.



