Nota de prensa
O LUNS REÚNESE A XUNTA DE PERSOAL DO CONCELLO. REPRESENTANTES MUNICIPAIS E SINDICAIS ABORDARÁN CUESTIÓNS COMA A XORNADA LABORAL, O CONVENIO COLECTIVO OU A RPT.
Burela, 14 de xaneiro de 2012. O vindeiro luns, 16 de xaneiro, terá lugar unha reunión da xunta de persoal no Concello de Burela para abordar cuestións coma a xornada laboral, o sistema dixital de control de entrada e saída dos traballadores municipais, o convenio colectivo e a relación de postos de traballo. Ao encontro, que dará comezo ás 10:30 horas asisten os representantes sindicais do persoal funcionario e do persoal laboral, o alcalde, José Mª González Barcia, e o concelleiro delegado de Persoal, José Casas.
Segundo explica o rexedor “na xuntanza do luns váise proceder á adaptación da xornada laboral ao Real Decreto Lei 20/2011 de 30 de decembro, de medidas urxentes en materia presupostaria, aprobado polo goberno do Estado. E tamén se vai explicar o funcionamento do sistema dixital de control de entrada e saída dos traballadores municipais”.
Outro dos asuntos que se abordarán será a negociación do convenio colectivo. González Barcia indica que “o que hai agora tiña data de caducidade a finais do 2010. E o que se fixo foi agardar á celebración das eleccións sindicais do persoal laboral co fin de poder levar adiante a negociación co novo comité de empresa”. Estas reunións serán os primeiros e terceiros luns de cada mes. O alcalde burelés confía en que “si todo discorre con normalidade a negociación estea concluida nun prazo máximo duns catro meses”.
José María González Barcia sinala que “tamén estamos pendentes da elaboración da nova relación de postos de traballo. Queremos saber si a Deputación Provincial de Lugo se vai encargar desto. Si se demora nós colleríamos a actual RPT, que está vixente e que foi aprobada polo PP no seu anterior mandato, co obxectivo de adaptala ás circunstancias actuais”.
