Nota de prensa
1.- PÓSPONSE A REPRESENTACIÓN DA OBRA “O MÉDICO A PAOS”
A Xerencia da Rede de Museos da Deputación de Lugo comunica que a representación teatral prevista no Museo Provincial do Mar de San Cibrao para mañá, xoves, 12 de xaneiro de 2012, a cargo do grupo de teatro Pinchacarneiro coa obra “ O médico a paos” queda posposta para o mes de marzo.
2.- REPRESENTACIÓN DA OBRA “A BARBERÍA DO PALLAREGO”
Este sábado, 14 de xaneiro e 2012, ás 18.00 h., no Museo Provincial do Mar, en San Cibrao-Cervo, representación da obra A barbería do Pallarego polo grupo de teatro infantil de Mondoñedo Érase unha vez… composto por máis dunha ducia de mozas e mozos entre os 8 e os 14 anos.
A BARBERÍA DO PALLAREGO
A obra A barbería do Pallarego, lugar e personaxe emblemáticos tanto na obra como na biografía de Álvaro Cunqueiro, creouse e representouse como homenaxe ao ilustre intelectual mindoniense con motivo de celebrarse o centenario do seu nacemento o pasado ano 2011.
Todas as esceas transcorrren nun decorado que reproduce a barbería do Pallarego durante as festas das San Lucas, pois este barbeiro, á parte de desempeñar o seu oficio, escoita e resolve os problemas da xente que por alí pasa.
Os personaxes que dan vida á obra son todos mindonienses de hai uns anos como, por exemplo, Pepita e Victorina, Doloriñas, Rosalía, Lamparillas, de La Fuente, Remeditos (a filla do Pallarego)…e Alvarito Cunqueiro de neno coas súas ocurrencias.
ÉRASE UNHA VEZ…
Grupo de teatro creado no verán de 2009 logo de realizarse un taller de teatro dirixido por Esther Otero. Está composto por pícaros e pícaras entre 8 e 14 anos. Desde entón representaron obras como “O mundo dos Filipinos” (2009); “O conto do dragón” (2010), “As catro estacións” (2010) e a “A barbería do Pallarego” (2011).
A entrada é libre e gratuíta.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



