Chendo Lestao (Burela 1983), actor burelés afincado en Madrid, participará como personaxe episódico, este domingo dia 8 de xaneiro, nun capítulo da novena temporada da popular serie Aida, emitida por Telecinco, ás 22:00 h. E o dia 11 de xaneiro mércores, volverá a emitirse o mesmo capitulo no canal Factoría de Ficción á mesma hora. Chendo Lestao, xa estivo o ano pasado actuando en Burela, coa súa primeira obra “Sumergirse en el agua”, que tivo unha gran acollida por parte do público.
