Nota de prensa
SUÁREZ BARCIA DESTACOU O COMPROMISO DE ANTONIO VEIGA CON RIBADEO E CO FIN NOBLE QUE PERSIGUE A COMISIÓN PRO RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE.
Ribadeo, 30 de xaneiro de 2012. O alcalde, Fernando Suárez, destacou o compromiso do vicepresidente primeiro da Deputación, Antonio Veiga, con Ribadeo e para sumar esforzos con outras administracións de cará á posta en marcha dunha residencia da terceira idade na vila.
A comisión pro residencia mantivo esta tarde no Concello un encontro con Veiga. O rexedor explicou que “seguindo con esta rolda de contactos que empezamos hai uns días coa representante da Xunta en Lugo no día de hoxe mantivemos unha xuntanza co vicepresidente primeiro da Deputación, Antonio Veiga. Temos que destacar o seu compromiso que demostrou con esta comisión e co fin noble que perseguimos. Debo dicir que se prestou a colaborar e seguimos a ter unha sintonía absoluta por parte de todos os membros desta comisión”.
Suárez Barcia sinalou que “nas súas áreas a Deputación sempre terá o compromiso de man tendida para con Ribadeo e para sumar esforzos con outras administracións, singularmente coa Xunta por ser ésta a que ten as competencias fundamentais para iso. Él comprometeu a súa palabra para que a Deputación non se quede atrás neste proxecto e que tenda a man para colaborar”.
E engadiu que “agora esta comisión seguirá a traballar activamente para chegar á consecución final, máis cedo que tarde, desta residencia de maiores de Ribadeo”. Da comisión pro residencia forman parte o alcalde, Fernando Suárez; a concelleira de Servizos Sociais, Teresa González; e representantes do PP, PSOE, UPRI e da plataforma de asociacións veciñais de Ribadeo.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



