Nota de prensa
Os nacionalistas consideran que a modificación do IBI aprobada polo goberno do estado e unha inxerencia nas competencias municipais que non toca os bens de uso industrial e especiais que compoñen o groso da recadación do I.B.I. no concello de Cervo.
En Cervo o 100% dos 46.956 euros de incremento anual cargarase á conta das familias que xa están acumulando sobre as súas costas a factura da crise que non provocaron.
Estúa di que o incremento nos ingresos é ridículo e pediu o seu rexeitamento en pleno propoñendo outras alternativas fiscais para mellorar o financiamento do concello.
Cervo, 27 de xaneiro de 2012. O BNG levou a pleno unha moción para pedir o rexeitamento da suba do 10% do IBI aprobada polo Real Decreto Lei 20/2011 do goberno estatal do PP o pasado 29 de decembro. O portavoz municipal nacionalista, Xoán Antón Estúa aclarou que no caso de Cervo so afectará ás familias que asumirán o 100% do incremento do imposto xa que o groso dos ingresos que en Cervo proveñen dos bens de características especiais e industriais non se tocan e por tanto serán as economías domésticas quen asuman os 46.956 euros previstos como incremento de recadación en Cervo, unha cifra que Estúa cualificou de ridícula e inútil para mellorar as finanzas locais polo que propuxo actuacións alternativas para aumentar os ingresos municipais.
A medida non soluciona os problemas económicos do concello e grava as economías domesticas eludindo a responsabilidade de cambiar o modelo de financiamento dos concellos.
O BNG rexeitou o argumento do PP de que esta medida axuda ao financiamento dos concellos, e moito menos nos caso de Cervo onde o groso dos ingresos derivados do IBI proveñen dos bens de características especiais e industriais que o goberno do PP en Madrid non toca. Estúa aclarou que o 100% dos 46.956 euros no incremento previsto para o ano que 2012 coa aplicación desta medida asumirano as economías familiares que xa cargan co peso doutras xa tomadas polo actual e o anterior goberno estatal e galego. Para Estúa “os recortes de Feijoo e as medidas tomadas agora por Rajoy e as que están por vir van no camiño de afogar as economías familiares pero non tocan a quen mais pode e debe pagar”.
O nacionalista estimou ademais que a subida do IBI que o goberno estatal vendeu como unha axuda aos concellos, “non é tal, e escapa das súas responsabilidades para modificar dunha vez o sistema de financiamento local que no caso galego debería ter en conta a dispersión e o avellentamento da poboación”.
O incremento do 10% do IBI so son 46.956 euros mais, que non solucionan nada en Cervo polo que os nacionalistas propuxeron o seu rexeitamento e outras medidas alternativas.
O PP non quixo apoiar o rexeitamento da suba do IBI, a pesar do escaso incremento no ingreso previsto para o ano que ven que se limita a 46.956 euros pero tampouco toman ningunha medida a pesar de que está nas súas maos para tentar incrementar os ingresos sen gravar as economías mais débiles.
Redución de gastos superfluos, modificación da ordenanza reguladora do IBI e pasos adiante para aprobar as medidas contidas no Plan de Saneamento Económico-financeiro coa aprobación dunha nova ordenanza fiscal.
O BNG propuxo reducir os gastos superfluos como o da asesora, 21.000 euros anuais, o gabinete de prensa, arredor de 15.000 euros, e reducir os gastos en salarios do grupo de goberno que suma mais de 100.000 euro ao ano. Ademais pediron que se revisara a ordenanza Reguladora do Imposto de Bens Inmóbeis, para evitar gravar as economías mais débiles e a eliminación das bonificacións do 50% na cota do imposto para urbanización e promoción inmobiliaria existente na actualidade. Ademais insistiron en aprobar unha nova ordenanza fiscal sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana que está incluída no Plan de Saneamento Económico – Financeiro aprobado polo concello no 2009 pero sen executar.

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



