Nota de prensa
O BNG DE LOURENZÁ REXEITA AS ACUSACIÓNS DA CONCELLEIRA DE SERVIZOS SOCIAIS
Lourenzá, 26 de xaneiro de 2012. O BNG de Lourenzá rexeita as acusacións vertidas pola delegada de Servizos Sociais do concello a cal lle pide unha vez máis que aporte os datos que se lle solicitan e deixe de tender cortinas de fume en torno a súa xestión, os nacionalistas laurentinos consideran pobre o feito de que a concelleira de Asuntos Sociais teña que recorrer a descalificacións persoais cando se lle esgotan os argumentos políticos, xa de por si escasos no seu partido. O BNG laurentino aconsella tamén a devandita concelleira que antes de falar lea as actas dos plenos pois certo é que o BNG votou a favor do regulamento, pero en contra da suba de taxas e non foi outra que a concelleira en cuestión a que propuxo este sistema de votación por separado ao encontrarse coa oposición frontal do BNG, en este senso o concelleiro portavoz do BNG de Lourenzá César Docampo matizou : ”A concelleira de Servizos Sociais debería de ler as actas antes de falar pois tal vez iso lle axudaría a solucionar eses pequenos problemas de amnesia que as veces parece sufrir, ela foi a que propuxo votar por separado no pleno, regulamento por un lado e taxas por outro, e a isto último opuxémonos, recórdolle tamén que con anterioridade ao referido pleno de novembro o BNG xa se fixera eco de deficiencias na xestión do servizo de atención no fogar ao considerar que había casos nos cales se concedera o servizo que eran menos graves que outros que non os tiñan, por ese motivo o BNG votou a favor do novo regulamento pois considerábamos que faría prevalecer os criterios técnicos a hora de conceder a prestación do servizo. Tamén estou na obriga de recordarlle que en dito pleno e durante a discusión do punto en cuestión a concelleira instou ao BNG a denunciar tales casos, casos que mesmo foron admitidos aínda que extraoficialmente por algún membro do PP, ante este feito deixamos claro que o BNG de Lourenzá non está para denunciar a ningún veciño e si denunciar un mal funcionamento do servizo pois o feito de actuar sobre algún destes casos debería de ser da concellería en cuestión pois para iso está”.
O BNG de Lourenzá opina que si o financiamento non é dabondo para cubrir tódolos casos o que se debería é empezar por atender aqueles máis graves segundo fixan o novo regulamento acordado, e isto debería implicar a revisión das axudas anteriormente concedidas para así poder optimizar o sistema de prestacións. Neste punto o concelleiro nacionalista explicou: “É unha mágoa que a concelleira de Servizos Sociais non queira facer unha revisión dos casos porque de seguro que algún dos que está en lista de espera está máis necesitado do servizo que algún que xa o ten e paréceme moi triste que a concelleira so poda recorrer a descalificación persoal para xustificar unhas prácticas clientelares propias da dereita máis rancia e caciquil”.
No tocante as gardas farmacéuticas o BNG de Lourenzá considera que as farmacias dan un servizo complementario das prestacións dos centros sanitarios e non se limitan a dispensar unha prescrición médica porque ademais informan e aconsellan á persoa que adquire a medicación, unha función especialmente importante cando non se pode acceder a un servizo médico. A garda nocturna de farmacia nun concello onde non hai PAC pode solucionar unha urxencia menor ou aconsellar unha derivación adecuada, evitando a demanda de recursos especializados cando non son necesarios ou a automedicación, por riba as circunstancias que limitan este servizo como é o caso de concellos onde non existe un PAC afecta directamente á poboación rural, poboación que ten máis dificultades para acceder aos servizos, tanto pola súa composición demográfica como pola dispersión e a falta de boas comunicacións, este peche alén de supoñer un trato inxusto e desigual para as persoas que residen nos concellos afectados, provocará un maior acceso a servizos de urxencias para atender problemas que se resolvían nas farmacias que agora pechan, non supón por tanto nin mellor atención ás persoas afectadas nin tampouco un aforro para as arcas públicas, só unha cesión aos empresarios das oficinas de farmacia a cambio de nada. Neste senso o concelleiro portavoz do BNG de Lourenzá César Docampo dixo: “ So nos queda dicirlle a señora concelleira que sabemos cal é a nosa posición, sabemos de sobra cantos votos conseguimos nas últimas eleccións, sabemos que perdemos un concelleiro pero pode estar ben segura de que aínda así o BNG seguirá a defender os intereses de Lourenzá e dos seus veciños con todas as súas forzas, agradecerlle o interés que mostra pola xente do Val pero que pense tamén na xente da Cazolga, Villapol ou Pousada por exemplo e recordarlle a señora concelleira que nos últimos comicios que propiciaron a súa reelección foi elixida polo pobo, iso é dicer, por todos, e foi elixida para defender os intereses de todos polo tanto pedirlle que deixe de actuar como se fose a delegada da CEOE e pase a ser a delegada de asuntos sociais dunha vez por todas”.




















Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.



