Nota de prensa:
O Club Ciclista Burela organiza a VII Marcha BTT de Burela que se celebrará o domingo día 5 de febreiro.
Ésta Marcha está no calendario da Federación Galega de Ciclismo e terá un percorrido de 35 kilómetros que recorren os montes de Burela, Foz , O Valadouro e Cervo .
A saída será as 9:30 horas dende o pavillón dos institutos donde estará situada a línea de meta.
Este ano facemos unha recollida de alimentos non perecedoiros que serán entregados a CRUZ VERMELLA de Burela. Cada participante traerá 1 quilo de un alimento non perecedero e os meteremos nunha caixa para a súa entrega a CRUZ VERMELLA, para a seo reparto entre as familias máis necesitadas. Facemos isto porque en estes momentos de crise e cando máis falta fái a solidaridade e os alimentos que se recollan poden axudar a pasar un apuro a quen o estea a pasar mal.
Ésta actividade non é de carácter competitivo anque a velocidade será libre , non vai ser neutralizada ; os ciclistas darán unha volta polas rúas de Burela para dirixirse a saída do Concello en dirección Foz donde tomarán o camiño paralelo a variante dirixíndose cara a Vilasindre e seguindo distintos sendeiros chegarán as antenas situadas no monte Castelo donde iniciarán unha baixada de 3 km. por un sendeiro feito a man para que poidan disfrutar dun final de ruta totalmente inédito.
Na metade do percorrido teremos un avituallamento sólido e líquido para que os ciclistas repoñan forzas de cara a segunda parte da Marcha.
Ó remate haberá duchas, lavado de bicicletas e unha comida no pavillón.
Cada participante levará un recordo que como en anos anteriores son donados pola empresa de cerámica Burelarte que leva colaborando co Club dende a súa fundación.
Para poder participar hai que inscribirse na páxina: www.championchipnorte.com, ou facer o ingreso na conta do Club en Novagaliciabanco co Nº 2080 0508 17 0000100203 e mandar o xustificante o Emáil : amarinaforomtb@gmail.com. A data para inscribirse remata o dia 2 de febreiro, a partires desa data queda pechada a inscripción e non poderá participar ninguén que non o fixera no prazo disposto.
O custe da inscripción é de 15 € para os ciclistas federados e de 23 € para os que saquen a licenza dun dia