Nota de prensa:
BURELA INVESTIRÁ MÁIS DE 53.000 EUROS EN OBRAS CON CARGO AO PEIM DE 2012. GONZÁLEZ BARCIA E FERNÁNDEZ VALLE REUNÍRONSE CO VENCELLO E COA COMUNIDADE DE MONTES PARA PROGRAMAR AS ACTUACIÓNS.
Burela, 16 de xaneiro de 2012. Burela investirá máis de 53.000 euros en diversas obras, segundo ven de anunciar Manuel Fernández Valle, o concelleiro de Obras. Será con cargo ao PEIM, o Plan Estratéxico de Infraestructuras no Medio Rural deste 2012.
O Concello de Burela verá nos próximos meses como se realizan obras no seu termo municipal por importe de 53.105,25 euros, obras que tal e como indicou o concelleiro de Obras, e portavoz do Grupo Municipal Popular, Manuel Fernández Valle, estarán incluidas dentro do Plan Estratéxico de Infraestructuras no Medio Rural (PEIM).
Fernández Valle sinalou que “as obras a executar, tendo en conta a filosofía do PEIM, deberán referirse á parte rural do concello, polo que se considera prioritario facer actuacións en camiños xa existentes, en vez de construir novas infraestructuras, algo que conlevaría un aumento dos custos de mantemento a medio prazo”.
De cara a concretar as actuacións a levar a cabo, o pasado venres, día 13 de xaneiro, o alcalde burelés, José María González Barcia, xunto con Manuel Fernández Valle, mantiveron unha reunión a última hora da tarde con representantes da Asociación de Veciños O Vencello e da Comunidade de Montes en Man Común, para analizar as actuacións que agora mesmo se consideran prioritarias de cara a incluílas dentro do PEIM. Fernández Valle manifestou que “nos próximos días se procederá a elaborar a documentación pertinente, así como a valoración das obras, para facer xa unha relación definitiva, que se enviará á Xunta de Galicia”.
O concelleiro de Obras lembrou que “as actuacións do PEIM están financiadas na súa totalidade pola Consellería de Medio Rural e Mar da Xunta de Galicia e polo Ministerio de Agricultara de Goberno Central”. E tamén fixo fincapé en que “nos dous últimos anos, o goberno socialista de Rodríguez Zapatero incumpliu os seus compromisos coa Xunta que preside Alberto Núñez Feijoo. A chegada do PP ao goberno central vén de posibilitar que agora sí se reciban as aportacións do Estado para facer realidade o PEIM”.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



