Nota de prensa:
CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA
Begoña Alonso, concelleira de Medio Ambiente, informa que dende o Consorcio de augas Cervo-Burela, comunicóuselle que na noite de onte, luns, tivo lugar unha caída da tensión na planta potabilizadora da Senra o que provocou un corte no subministro de auga potable a Cervo e algunha das súas parroquias.
Os técnicos da empresa Espina y Delfín, que xestionan a planta, informáronnos durante o corte das tarefas que estaban levando a cabo para reparar a avaría e así, ás 11:30 horas do día de hoxe, martes, comunícannos que o subministro de auga no Concello de Cervo está totalmente restablecido.
Dende o Concello, pedimos aos veciños afectados que desculpen as molestias ocasionadas.